Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/emprego_cursos.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Cursos de Formación - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Cursos de Formación

Proxecto Vigo Medio Natural

Cursos presenciais:

Información e impreso de solicitude:

Email: vigo.medionatural@vigo.org

Impreso de solicitude: Impreso de solicitude a cursos (preinscripción)

Persoas Destinatarias

O proxecto "Vigo Medio Natural" vai dirixido exclusivamente a persoas traballadoras en activo en PEMES, MICROPEMES, autónomas e autónomos, requisito indispensable para poder participar nas accións formativas que se desenvolverán ao longo dos 24 meses de duración do proxecto.

Colectivos prioritarios

  • Mulleres traballadoras.
  • Persoas maiores de 45 anos.
  • Persoas con baixa cualificación.
  • Traballadores/as do sector ambiental.
  • Traballadores/as e persoal directivo de pemes e micropemes localizadas en Vigo que deban adaptar as súas actividades á normativa ambiental e que queiran coñecer as oportunidades que ofrece o sector ambiental, así como os perfís profesionais com el relacionados.
  • Profesións liberais relacionadas co sector ambiental ou que pretendan estalo.

 

Curso de educador ambiental (130 horas).

 

2009:
  • 40 horas presenciais do 03/06/2009 ao 07/07/2009.
  • 90 horas a distancia, que realizaranse entre os meses de xullo, agosto e septembro.

2010:

  • 60 horas presenciais do 18/01/2010 ao 09/03/2010.
  • 70 horas a distancia

A acción busca formar a persoas capaces de traballar en espazos naturais que conten con centros de observación e interpretación da natureza, aulas do mar, escolas, etc. Estes profesionais serán capaces de elaborar itinerarios e rutas de interpretación do medio natural.
Ademais aprenderán a desenvolver campañas de comunicación ambiental e concienciación ecolóxica no marco da implantación de plans públicos de conservación e mellora do medio.
O curso dotará aos alumnos de ferramentas necesarias para afrontar con éxito a súa incorporación ao mercado da educación ambiental.

Programa

  • Introdución ao medio natural.
  • O Medio e a sociedade contemporánea: a problemática ambiental.
  • Conceptos xerais da Educación ambiental.
  • A educación ambiental dende a perspectiva práctica: recursos para a educación ambiental.
  • Principios metodolóxicos e secuenciación dun programa de educación ambiental.
  • Evaluación de programas educativos.
  • Psicopedagoxía da aprendizaxe en Educación ambiental: A perspectiva lúdica na educación.
  • A motivación/sensibilización á Educación ambiental.
  • Características e rol do monitor en Educación ambiental.
  • Prácticas como educador ambiental.

 

Curso de traballador forestal (125 horas).

 

2009:
  • 70 horas presenciais do 07/09/2009 ao 22/10/2009.
  • 55 horas a distancia.

2010:

  • 70 horas presenciais desde o 18/01/2009.
  • 55 horas a distancia

A acción pretende formar a persoas capaces de traballar en espazos naturais realizando tarefas de mantemento e acondicionamento forestal (roce de masas forestais, devasas, masas boscosas, etc.).

Programa

  • Roce de masas forestais.
  • Repoboación forestal.
  • Prevención e extinción de incendios forestais.
  • Conservación e aproveitamentos forestais.
  • Primeros auxilios no monte.
  • Prácticas como traballador forestal.

 

Curso de monitor de prácticas deportivas en espazos naturais (120 horas) 
  • 70 horas presenciais e 50 horas a distancia.
  • Data de inicio: 14/04/2010
A acción pretende formar a persoas capaces de traballar en espazos naturais exercendo de monitores/as de prácticas deportivas e de ocio amplamente solicitadas, como sendarismo, acampadas, rutas, etc., engadindo a este coñecemento o respecto polo medio. Daranse as pautas básicas de desenvolvemento creativo e responsable de actividades ao aire libre, así como de primeiros auxilios neste contorno.

Programa

  • Pedagoxía do ocio e do tempo libre.
  • Xestión de grupos.
  • Espazos de educación ambiental.
  • Prácticas deportivas: sendarismo, rutas.
  • Vixiancia e control de prácticas deportivas.
  • Deseño de actividades: cross, acampadas, sendarismo e rutas.
  • Teoría e práctica de primeros auxilios.
  • Prácticas como monitor/a de prácticas deportivas.
Presentación de solicitudes:
  • Mediante instancia solicitando participar no proceso de selección.
  • Prazo: Do día 8 de marzo ata o 30 de marzo de 2010.
  • Presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei s/n. (Vigo). Dirixido ao Servizo de Promoción Económica e Emprego.
  • Horario de entrega: De 9:00 a 13:00 horas.
  • Documentación: Xunto coa instancia achegarase a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos xerais (Traballadores/as en activo) e específicos establecidos nas presentes bases .

 

Curso de prevención de riscos laborais no sector agroforestal (170 horas).
  • A distancia.
  • Data de inicio: 6 de setembro de 2010.

A acción pretende formar a persoas do sector agroforestal con coñecementos en materia de seguridade laboral. Pretende cubrir necesidades detectadas no sector de formación no ámbito da prevención de riscos laborais en espazos naturais, tanto forestais como gandeiros, identificando e detectando eventuais perigos derivados das actividades antes de que se produzan.

Programa

  • Xestión da prevención de riscos laborais.
  • Riscos xerais e a sua prevención.
  • Prevención de riscos xerais e a súa seguridade.
  • Prevención de riscos de exposición a axentes contaminantes.
  • Prevención de riscos de carga física e a organización do traballo.
  • Riscos específicos do sector agrario e a sua prevención.
  • Riscos comúns e xenéricos da maquinaria e equipos agrarios e forestais.
  • Primeiros auxilios.
Presentación de solicitudes:
  • Mediante instancia solicitando participar no proceso de selección.
  • Prazo: 1 de setembro de 2010.
  • Presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei s/n. (Vigo). Dirixido ao Servizo de Promoción Económica e Emprego.
  • Horario de entrega: De 9:00 a 13:00 horas.
  • Documentación: Xunto coa instancia achegarase a documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos xerais (Traballadores/as en activo) e específicos establecidos nas presentes bases .