Escudo Concello de Vigo

Educación

Curso 2012-2013

 

Convocatoria e horarios

Data comezo do curso

  • Comezo do curso alumnado procedente de cursos anteriores : 2 de outubro
  • Comezo do curso novo alumnado: 4 de outubro

Alumnado procedente de cursos anteriores

Preinscrición alumnado de novo ingreso

Modificación do plan de normalización curricular PNC12

Listados de Admitidos tras Sorteo e Probas de Acceso

As persoas incluidas nos listados de "alumnado admitido", deberán formalizar a súa matrícula presentando na Unidade administrativa a seguinte documentación:

  • Ficha de confirmación de matrícula, debidamente asinada polo/a interesado/a, segundo moldelo oficial que se pode recoller na conserxería da Escola
  • Fotocopia simple do seu DNI

Datas e horario de matrícula:

  • 2 de outubro ( de 9:00 a 15:00 horas pola mañá e de 16 a 21 pola tarde)
  • 3 de outubro ( de 9:00 a 15:00 horas)

Notas importantes:

  • De non confirmarse a matrícula nas datas indicadas, daráselle de baixa na lista de admisión, pasando a ocupar o seu posto o seguinte na lista de espera.
  • As Listas de Admitidas/os están condicionadas á comprobación da veracidade dos datos de empadroamento. (Punto nº 10 do apartado E. da Convocatoria Xeral curso 2012-2013)
  • Establécese unha lista de espera para cada especialidade, para os casos de substitución por baixa ou por renuncia do alumnado, durante o primeiro trimestre do curso 2012-2013. Por razóns prácticas, o número de persoas que figuran na lista de espera que se publica é, como máximo, o número de prazas convocadas.

Listados

Aula Aberta/Proxectos.