Escudo Concello de Vigo

Educación

Vigo por dentro

Programa Vigo por dentro

O concello pon a disposición dos escolares o seu máis importante recurso: o territorio, a actividade cultural, social e produtiva da cidade. Con este programa, miles de escolares vigueses teñen a posibilidade de realizar visitas programadas a distintos centros de interese, proporcionando o Servizo de Educación: transporte gratuíto, monitores e monitoras especialistas e material didáctico específico.

Vigo por dentro será ademais, no curso 2008-2009, tamén un espazo educativo para poder acceder a unha ampla información estruturada sobre a vida da cidade en todos os seus aspectos, e poder intercambiar experiencias didácticas e información operativa entre todos os membros da comunidade escolar participante.

Para máis información visite a páxina web www.vigopordentro.eu