Escudo Concello de Vigo

Educación

Aulas Internacionais

Baixo esta denominación xenérica agrúpanse unha serie de programas que perseguen mellorar a capacitación da poboación escolar en lingoa inglesa. Trátase dun apoio activo e diferente á formación que reciben nos Centros de Ensino.

Two Week Primary Teacher´s Project. COMENIUS VIGO 09

Este proxecto de inmersión e mobilidade de profesorado británico financiado polo Departament for Education and Skills (Departamento de Educación e Destrezas) dependente do British Council e da Comisión Europea, é impulsado dende o servizo de Educación no marco da iniciativa didáctica "Aulas Internacionais", coa finalidade de establecer e consolidar vínculos de colaboración nos centros de educación primaria da nosa cidade, que contribúan á mellora da capacitación en lingua inglesa e ao fomento do intercambio de alumnado en futuras experiencias de inmersión linguística. Este proxecto pretende achegar ao profesorado británico, á realidade dos centros de ensino de educación primaria de Vigo, a través dunha primeira semana formativa e unha segunda semana de estancia nos centros de ensino voluntariamente adheridos á iniciativa.

Aqueles centros de educación primaria interesados deberán enviar cuberta a ficha de solicitude adxunta segundo as instruccións que se citan antes do 5 de outubro de 2009.

Vigo Abroad (PILI 2009)

Logo dos positivos resultados acadados pola experiencia piloto do Programa de Inmersión en Lingua Inglesa PILI 2008, esta nova edición deste programa educativo municipal tentará seguir promovendo a mellora da capacitación en lingua inglesa, dentro do marco do programa educativo municipal "Aulas Internacionais".

Dito programa, destinado a alumnado de 3º de ESO de centros públicos de Vigo, contará con ata 125 prazas para realizar estadías de tres semanas en Irlanda ou o Reino Unido en réxime de inmersión lingüística. As viaxes teñen previsto comenzar na primeira quincena de setembro, de xeito que poidan empezar o curso escolar nos centros británicos, e a estadía rematará como moi tarde na primeira semana de outubro.

As prazas inclúen o importe da matrícula no programa lectivo e o material necesario para completalo, así como os custos de aloxamento en familias anfitrioas en réxime de pensión completa, gastos derivados da organización de actividades extraescolares e lecer e visitas didácticas a centros de interese do país de acollida (que desenvolveranse en inglés e guiadas por monitores bilingües), importe das viaxes de ida e volta, transporte urbano ata o centro de ensino de integración asignado, e seguros de viaxe e responsabilidade,

Os interesados poden consultar as referidas bases na páxina web do programa PILI (http://www.pilivigo.org), onde disporán da información necesaria para a presentación da solicitude de participación. A documentación para a tramitación de solicitudes deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, ben directamente, ben polos procedementos legalmente establecidos.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 21 de abril ata o 12 de maio, ambos inclusive.

Vigo activities

O Servizo de Educación do Concello de Vigo prantexa no marco do Programa Educativo Municipal "Aulas Internacionais", unha nova edición da iniciativa didáctica "Vigo Activities 2010-2011" coa finalidade de ofertar aos centros de educación primaria da nosa cidade distintas propostas de actividades que tentan contribuir á mellora da competencia da lingua inglesa. Estas actuacións didácticas de aplicación no marco do horario lectivo escolar e dinamizadas por persoal nativo e bilingüe, están deseñadas coa clara intencionalidade de propiciar no alumnado un contacto gratificante coa lingua inglesa e a creación dun verdadeiro contexto de inmersión lingüística, para mellorar os seus hábitos e técnicas de comunicación oral, ademáis de facilitar a labor do profesorado por implicar un factor extra de motivación no alumnado para a aprendizaxe desta lingua.

Material didáctico da actividade "Fálame de teu país":

Material didáctico da obra de teatro en inglés para escolares "Snowgirl":

 

Convocatoria de bolsas "Concello de Vigo" para estancias lingüísticas no estranxeiro para o  alumnado da escola oficial de idiomas (EOIV) curso 2015-2016

As bases, documentación e posteriores resolucións poderán consultarse, e descargárense no apartado convocatorias e na páxina web da EOI.

Na sede central da EOI de Vigo existirá, así mesmo, un punto permanente de información e axuda á xestión ata o fin do prazo de presentación de solicitudes.