Escola-Obradoiro Mar de Vigo IV
- Enderezo: Estrada do Vao 151 (Coruxo), 36330 Vigo.
- Teléfono: 986 462 090
- Fax: 986 462 961
- E-mail: mardevigo@vigo.org
- Horario de Oficina: de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas
Que é? A escola-obradoiro "Mar de Vigo" é un proxecto de formación e emprego promovido desde a Concellaría de Desenvolvemento Local e Emprego do Concello de Vigo e financiado pola Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, o Fondo Social Europeo e o propio Concello de Vigo.
A quen vai dirixida? O proxecto diríxese a mozos e mozas de 18 a de 25 anos en situación de demanda de emprego, priorizándose aqueles e aquelas de niveis de formación máis baixos e con máis dificultades para atopar emprego.
Cal é o seu obxectivo? O obxectivo da escola taller Mar de Vigo IV é formar ó alumnado coa finalidade de que adquiran os coñecementos e as destrezas de cada unha das especialidades, así como as actitudes e comportamentos propios do mundo laboral. Todo cunha única finalidade: "aumentar as súas posibilidades de inserción laboral".
- Organización: información sobre a organización temporal das fases e proyectos de Mar de Vigo IV.
- Especialidades Formativas: especialidades nas que se forma ao alumnado da escola taller.
- Materias Complementarias: materias que complementan a formación do alumnado permitindo unha preparación laboral máis completa do alumnado.
- Proxecto de Obra: detalle das fases do proxecto que desenvolve Mar de Vigo IV.
- Proxectos Anteriores: información das edicións anteriores da Escola Obradoiro Mar de Vigo (I, II y III).
- Embarcacións construídas: embarcacións tradicionais fabricadas nas distintas edicións de Mar de Vigo. Inclúe documentación gráfica de cada proxecto de obra.
