Escola-Obradoiro Mar de Vigo IV
- Enderezo: Estrada do Vao 151 (Coruxo), 36330 Vigo.
- Teléfono: 986 462 090
- Fax: 986 462 961
- E-mail: mardevigo@vigo.org
- Horario de Oficina: de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas
Que é? A escola obradoiro "Mar de Vigo V" é un proxecto de formación e emprego promovido desde a Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá do Concello de Vigo e cofinanciado pola “Consellería de Traballo e Benestar” da Xunta de Galicia, o Fondo Social Europeo e o propio Concello de Vigo.
Cal é o seu obxectivo? O obxectivo da escola obradoiro "Mar de Vigo V" é formar ao alumnado traballador coa finalidade de que adquira os coñecementos e as destrezas de cada unha das especialidades, así como as actitudes e comportamentos propios do mundo laboral. Todo cunha única finalidade: "aumentar as súas posibilidades de inserción laboral".
A quen vai dirixida? O proxecto diríxese a mozos de ambos os sexos, de idades comprendidas entre os 18 e os 25 anos en situación de demanda de emprego, priorizándose aqueles e aquelas de niveis de formación máis baixos e xa que logo con máis dificultades para a súa inserción laboral.
- Organización e Fases: organigrama e información sobre a organización temporal das fases e proxectos de Mar de Vigo V.
- Especialidades Formativas: especialidades nas que se forma ao alumnado da escola obradoiro.
- Materias Complementarias: materias que complementan a formación do alumnado traballador.
- Proxecto de Obra: detalle das fases do proxecto que desenvolve Mar de Vigo V.
