Escudo Concello de Vigo

Educación

Hortas Escolares

Programa "Unha horta ecolóxica na Escola. Curso 08-09

Este programa se desenvolve dende o servizo de Educación co obxectivo primordial de fomentar e apoiar nos centros de ensino o desenvolvemento dunha educación medio ambiental e de transmitir ao alumnado o respecto pola natureza e os traballos de campo, así como ensinarlles a valorar dun xeito crítico os hábitos sociais prexudiciais para o medio ambiente. Trátase de por en valor e consolidar a horta escolar como unha ferramenta didáctica e/ou vehículo curricular axeitado que leve ao cumprimento duns obxectivos educativos, que sirva de apoio ás diversas materias impartidas polo profesorado e reforze a responsabilidade ecolóxica no alumnado.

Aqueles centros de educación primaria interesados deberán enviar cuberta a ficha de solicitude adxunta segundo as instruccións que se citan antes do 2 de outubro de 2008.