- Inicio
- Cidadanía
- Educación
- Escolas Municipais
- e-Trad (Escola Municipal de Música Folk e Tradicional)
Escola Municipal de Música Folk e Tradicional (e-Trad)
- Enderezo: Avenida García Barbón 5. 36201 Vigo.
- Teléfonos: 986 228 088 y 986 228 087.
- Fax: 986 229 703.
- Web: www.e-trad.org
- E-mail: e-trad@vigo.org
- Horario de información e administración: de luns a venres de 16:00 a 19:00 horas.
O Concello de Vigo, a través do Servizo de Educación pon en marcha a e-Trad, unha iniciativa innovadora proxectada para a protección e difusión da música patrimonial galega, procurando a súa evolución na mestura coas formas contemporáneas do folk urbano.
A e-Trad correspóndese coas novas tendencias integradoras da educación musical que amplían a visión da música cara a unha concepción global, co selo propio da música de tradición oral.
Atenderá a un máximo de 300 alumnos en cursos académicos de outubro a xuño.
- Matrículas: Información sobre prazos de preinscrición, horarios, publicación de listaxes de alumnas e alumnos admitidos, reservas de prazas. Contén tamén os formularios de solicitude de preinscrición, matrícula e convalidacións.
- Itinerarios Formativos: Plans de estudos dos itinerarios formativos impartidos na e-Trad, currículos e especialidades.
Para estar ao corrente das últimas novas así como acceder á consulta de materiais didácticos visite o blog da e-Trad.

