Escudo Concello de Vigo

Educación

Ensinanzas de idiomas

Escola Oficial de Idiomas de Vigo

Normativa de Idiomas

Pode consultar a lexislación que rexe o ensino de idiomas, a nivel autonómico e estatal, na páxina web da Xunta de Galicia, Dirección General de Formación Profesional y Enseñanzas Especiales: Sección de Idiomas.

Enlaces de Interese de Idiomas

  • Europa Educación e Formación: Linguas en Europa.
  • Escola Oficial de Idiomas de Madrid "Jesús Maestro": Acceso ás EOI doutras Comunidades Autónomas.
  • Páxina web das Escolas Oficiais de Idiomas de España.
  • "Thats English": Páxina do programa de educación a distancia "Thats English" creado polo Ministerio de Educación e Ciencia en colaboración coa BBC inglesa e TVE.
  • "BBC Education: languages online": Recursos para practicar e aprender inglés, francés, italiano, alemán e español.
  • "European Schoolnet": Ofrece a educadores, estudantes e investigadores diversos materiais educativos, ferramentas, novidades e información de xeito interactivo.
  • Linguas: A Comisión Europea recolle algúns dos datos existentes a nivel europeo sobre as linguas que se falan en Europa, os diferentes coñecementos lingüísticos, mostra os novos métodos de aprendizaxe e ensino de idiomas e ofrece o "Catálogo Lingua" de cursos e métodos. En varios idiomas.
  • "Lingu@net Europa": Centro virtual multilingüe de recursos, orientado ao apoio do ensino de idiomas. Ofrece enlaces e información sobre un amplo conxunto de materiais de utilidade no ensino e a aprendizaxe de calquera idioma estranxeiro moderno.
  • "Wordtheque": Base de datos que contén gran cantidade de obras literarias, documentación técnica e traducións en máis de cen idiomas. A procura pódese facer por autor, título, tema e/ ou editorial. En inglés.
  • Educalia: Sitio web que conta co respaldo da fundación "La Caixa". Conta con numerosos recursos educativos, fundamentalmente pensado para primaria e secundaria, pero cunha visión transversal e énfase nunha visión europeísta. Está en continuo desenvolvemento polo que, aínda que agora só ten a posibilidade de facer os exercicios en inglés, castelán e catalán, tamén se vai a estender a máis idiomas.
  • Centro de linguas: Promoción e desenvolvemento de actividades de formación en linguas modernas, atendendo ás necesidades lingüísticas da comunidade universitaria e da súa contorna próxima.