Escudo Concello de Vigo

Educación

Escola Hospitalaria

A Escola Hospitalaria do Hospital Xeral: atende a uns 2500 nenos e nenas ao ano, de Educación Infantil (0 a 6 anos), Educación Primaria (6 a 12 anos) e do primeiro ciclo de Educación Secundaria (12 a 14 anos).

É un centro dependente da consellería de Educación da Xunta de Galicia, no que se atenden os nenos e nenas ingresados no servizo de pediatría do hospital Xeral-Cíes, co obxectivo de permitir a continuidade da escolarización e de crear un ambiente lúdico e distendido que minore o impacto da hospitalización.

Pode consultar a Guía de Centros Públicos editada pola Concellaría de Educación para maior información.