Escudo Concello de Vigo

Educación

Arte na Aula

Esta iniciativa didáctica municipal, que promove o Servizo Municipal de Educación en colaboración co recoñecido artista vigués Mingos Teixeira, continúa o seu exitoso percorrido, co firme propósito de contribuir a desenvolver a creatividade no alumnado de educación primaria, a través do achegamento a arte no contexto escolar.

Esta proposta educativa concreta a dinamización da Mostra Itinerante 2011 nos propios centros de ensino solicitantes, coa finalidade de traballar a aprendizaxe da comunicación visual e a súa expresión plástica como ferramenta interdisciplinar. A Mostra posibilitará que todos os sectores da comunidade educativa teñan un contacto directo coas obras de arte e os seus creadores, e unha participación activa nas visitas guiadas e conferencias impartidas por persoal cualificado no eido artístico-educativo, que se programarán para o seu coñecemento.

Crea na Escola 2011 - 2012

  • III certame de arte postal: Se queres participar só tes que enviarnos unha postal debuxada por ti e que teña relación co tema proposto: "O mar de Vigo". Date presa, porque coas 12 postais elexidas faremos o calendario da Concellería de Educación do ano 2012.
  • III certame de banda deseñada: ¿Gústache ler cómics?¿Tentaches facer algún ti mismo? Pois agora é o momento. Ponte mans á obra e participa.
  • III certame de arte infantil: Podes participar cun debuxo, collage, maqueta, un xoguete feito por ti ... O único límite é a túa imaxinación e creatividade.