Escudo Concello de Vigo

Educación

Noticias

VIII Xornadas municipais de teatro escolar

Día mundial do teatro

Mostra do primeiro cuadrimestre

Acto performático "A espera"

A Escola Municipal de Teatro presenta o acto performático "A espera" de Leonel García Laborde. Mércores 21 de decembro ás 20 horas na rúa do Príncipe (contorno do MARCO)

Trazas nas táboas 2017

Este evento consiste na representación ante o público de pezas breves de "Micro-teatro". Esta actividade nace coa intención de incentivar, potenciar e promover a creatividade na nosa comunidade educativa. E tamén, dar a coñecer á cidade a existencia das actividades que desenvolve a Escola Municipal de Teatro.

Representación da obra "Os biofilms bacterianos"

Os “Biofilms Bacterianos”, é o espectáculo co que se clausurou o venres 8 de xullo o taller monográfico de Teatro científico na Escola Municipal de Teatro de Vigo, coa valiosa colaboración do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas).

O resultado, un espectáculo moi creativo, dinámico, divertido e con “moito” rigor científico.

Grazas a todos os participantes (alumnos/as, científicos e mestre), por formar parte desta primeira experiencia para nosa escola de unir teatro e ciencia.

"VII Xornadas Municipais de Teatro Escolar 2016"

VII Xornadas de teatro

Con motivo das VII Xornadas Municipais de Teatro Escolar 2016, a EMT de Vigo ten prevista a representación de 15 pezas teatrais, propostas por diversos centros públicos de ensino de educación primaria e os grupos de Expresión Dramática I e II da Escola Municipal de Teatro, os días 4, 5, 9, 10 e 18 de maio no Auditorio Municipal do Concello de Vigo en horario de 10:00 a 11:40 h.

Por motivos alleos á Escola Municipal de Teatro de Vigo modificouse a programación das VII xornadas Municipais de Teatro Escolar, que finalmente se celebrarán o 4, 5, 9, 10 e 18 de maio no Auditorio do Concello de Vigo.

Trazos nas táboas

Trazos nas táboas

“Trazos nas Táboas” levarase a cabo os seguintes días e horas, nas instalacións da Escola Municipal de Teatro, situada na Avda. de Castelao no 87 (interior):

  • Venres 22 de abril ás 20:00 e ás 21:00 horas: “BLABLERÍAS”, “REALIDADES DE PAPEL E TINTA”
  • Sábado 23 de abril ás 20:00 horas: “BLABLERÍAS”, “REALIDADES DE PAPEL E TINTA”

Para poder asistir ás representacións pódense recoller as invitacións na oficina da EMT, a partir do venres 15 de abril en horario de 17:00 a 20:00 horas ou media hora antes o día do espectáculo. Tamén pódense reservar no teléfono 986 485 324 e mediante correo electrónico, no enderezo em.teatro@vigo.org

 

Manipulación

Representación do espectáculo "Manipulación", a cargo do alumnado da EMT

  • 25 de xuño ás 20:30 horas
  • Auditorio da EMO

 

Xornadas Teatrais da EMT 2015

VIXornadas  teatro

 

Dias 8, 15 e 22 de maio

Melodías inconclusas". A cargo do grupo Aula de Repertorio.

Esta obra de creación colectiva fala da incomunicación social, dos non-lugares, do sentido do traballo, da emigración; en definitiva ,do camiño que eliximos para compoñer a nosa vida.

As representacións terán lugar os venres 8, 15 e 22 de maio, ás 20:00 h nas instalacións da Escola e a entrada é gratuíta.

Dado que o aforo é limitado, hai que reservar as invitacións no tel. 986 48 54 23 ou por correo electrónico em.teatro@vigo.org

"VI Xornadas Municipais de Teatro Escolar 2015"

VIXornadas  teatro

Dia 8 de maio

Con motivo das VI Xornadas Municipais de Teatro Escolar 2015, a EMT de Vigo ten prevista a representación de 16 pezas teatrais, propostas por diversos centros públicos de ensino de educación primaria e os grupos de Expresión Dramática I e II da Escola Municipal de Teatro, os días 5, 6, 7, 11, e 12 de maio no Auditorio do Concello de Vigo en horario de 10:00 a 12:30 h.

Programación

23 de abril de 2015

Día Mundial do Teatro

O 27 de marzo celebrouse en todo o mundo o “Día Mundial do Teatro”. Con tal motivo, a Escola Municipal de Teatro de Vigo organiza un acto que terá lugar o xoves 23 de abril ás 18:30 no auditorio do Concello de Vigo, e consistirá nunha mostra de diversas escenas representadas por alumnos/as da Escola.

Ao comezo deste acto lerase a mensaxe do Día Mundial do Teatro cuxo autor, este ano, é o director teatral de orixe polaco Krysztof Warlikowski

A entrada será libre e gratuíta ata completar o aforo.

Programa

Mensaxe do "Día Mundial do Teatro"

16 de xuño de 2014

Aberto o prazo de Melodías inconclusas"reinscrición para o curso 2014/2015 da EMT

Prazo preinscrición PRESENCIAL: DO 16 DE XUÑO AO 31 DE XULLO E DO 1 AO 10 DE SETEMBRO.

Prazo preinscrición ON-LINE: DO 16 DE XUÑO AO 10 DE SETEMBRO. (www.emmavigo.org).

Mais información na web. do Concello de Vigo-Matrículas

"O teatro en Granell", a cargo dos alumnos da Aula de Repertorio da Escola

A entrada será con invitación, xa que o aforo é limitado, e podese reservar por correo eléctronico ao enderezo em.teatro@vigo.org ou por teléfono no nº 986485324 en horario de 5 a 8 da tarde.

 

Jornadasteatro

"V Xornadas Municipais de Teatro Escolar"

Dias 5, 6 7 e 8 de maio

Con motivo das V Xornadas Municipais de Teatro Escolar 2013, a EMT de Vigo ten previsto a representación de 16 pezas teatrais, propostas por diversos centros de ensino de educación primaria e os grupos de Expresión Dramática IA, IB e II da Escola Municipal de Teatro, no Auditorio do Concello de Vigo.

Programa

teatro granell

Nova representación do espectáculo "O Teatro en Granell".

Aa cargo dos alumnos da Aula de Repertorio da Escola. O evento terá lugar nas instalacións da Escola, ás 21:00 h e a entrada será con invitación xa que o aforo é limitado.

10 de abril ás 21:00 horas nas instalacions da escola.

Esta fin de semana a Escola Municipal de Teatro de Vigo presenta o evento “Trazos nas Táboas”, que consiste na representación ante o público de pezas breves, Micro-Teatro.

A mostra terá lugar nas instalacións da Escola (Av. de Castelao, 87 interior), o venres, sábado e domingo, 4, 5 e 6 de abril respectivamente, ás 20:00 h. A entrada é libre e gratuita pero o aforo é limitado, polo que para poder asistir a estas representacións, hai que recoller as invitacións na secretaría da EMT, a partir do día 2 de abril en horario de 17:00 a 20:00 horas, ou media hora antes o día do espectáculo. Tamén se poden reservar no teléfono 986485324 ou mediante correo electrónico, ao enderezo electrónico em.teatro@vigo.org indicando o nome, nº de entradas e día que se quere asistir.

Programa.

Cartel

" O Teatro en Granell", interpretado polos alumnos da Aula de Repertorio

27 de marzo ás 21:00 horas nas instalacións da escola.

Cartel

Dia Mundial do Teatro

25 de marzo ás 19:00 h no Auditorio do Concello

Programa

Manifesto "Dia Mundial do Teatro

"A Telón Quitao"

Venres 31 de xaneiro, ás 18:30 h no auditorio da ESAD

Programa

"Trazos nas táboas"

Este evento consiste na representación ante o público de pezas breves “Micro-teatro”

Obxectivo:

Esta actividade nace coa intención de incentivar, potenciar e promover a creatividade na nosa comunidade educativa. Así como dar a coñecer á cidade a existencia e as activades que desenvolve a Escola Municipal de Teatro.

Bases de participación no evento

 

26 de xuño de 2013

"Obradoiro de Creación teatral"

Lista de admitidos

 

17 de xuño de 2013

Aberto o prazo de preinscrición para o curso 2013/2014 da EMT

  • Prazo matrícula PRESENCIAL: DO 17 DE XUÑO Ó 31 DE XULLO E DO 2 Ó 6 DE SETEMBRO.
  • Prazo matrícula ON-LINE: DO 17 DE XUÑO Ó 6 DE SETEMBRO. (www.emmavigo.org).

Mais información na web. do Concello de Vigo-Matrículas

12 de xuño de 2013

Xornadas Teatrais da Escola Municipal de Teatro 2013.

Os días 12, 13 e 14 de xuño terán lugar as xornadas teatrais da   EMT, no Auditorio do Concello de Vigo, en horario de tarde.

Programación

 

10 de xuño de 2013

"Obradoiro monográfico de verán"

Creación Teatral

Consiste na creación de pequenas escenas a partir dunha idea concreta ata a posta en escena da mesma ó finalizar o obradoiro.

  • Data: 1 de xullo ó 5 de xullo
  • Hora: De 17 a 21 horas
  • Mestre: Leonel García Laborde: Lcdo. En Dirección Escénica pola Universidade Estatal de Cultura e Arte de Moscova, Rusia, cunha carreira profesional que abarca dúas liñas de xeito simultáneo: a docente e a artística. Director do grupo de teatro Aforo, fundado en Vigo en 1998.

O prazo de preinscrición comezará o 10 de xuño e finalizará o 25 de xuño . As preinscricións poderán facerse nas instalacións da Escola Municipal de Teatro (Avenida de Castelao nº 87 (interior), en horario de 10:30 a 13:00 de luns a xoves e de 17:00 a 20:00 de luns a venres. A solicitude pódese encontrar on-line no enlace da Escola Municipal de Teatro de Vigo na páxina hoxe.vigo.org ou na EMT. A publicación dos admitidos será o día 26 de xuño e a formalización de matrícula os días 27 e 28 de xuño. O prezo de cada curso é de de 47.60 euros.

Para máis información pódese contactar no 986485324 ou a través do correo electrónico em.teatro@vigo.org.

30 de maio de 2013

"Xornadas Teatrais da Escola Municipal de Teatro 2013"

Os días 12, 13 e 14 de xuño terán lugar as Xornadas Teatrais da EMT, no Auditorio do Concello de Vigo, en horario de tarde.

Programación

 

Debuxo  Penzol

24 de maio de 2013

"IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar 2013"

Con motivo das IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar 2013, a EMT de Vigo ten previsto a representación de 15 pezas teatrais, propostas por diversos centros de ensino de educación primaria e os grupos de Expresión Dramática IA, IB e II da Escola Municipal de Teatro, os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de maio no Auditorio do Concello de Vigo.

Programación

 

13 de maio de 2013

"Manipulación".

O próximo martes 14 de maio, ás 19:30 horas na rúa Príncipe (Fronte ó Museo do Marco) representarase o espectáculo “Manipulación”, interpretado polos alumnos da aula de Repertorio da Escola Municipal de Teatro.

26 de abril de 2013

"Manipulación".

  • O próximo sábado 27 de abril, ás 20:00 horas na Asociación de Veciños Val do Fragoso, rúa Val Miñor s/n (xunto o estadio de Balaidos), representarase o espectáculo “Manipulación”, interpretado polos alumnos da aula de Repertorio da Escola Municipal de Teatro.
  • O acceso será libre ata completar o aforo.

5 de Abril de 2013

Convocatoria para o  evento “Trazos nas Táboas”

Segundo as bases da convocatoria para o evento “Trazos nas Táboas” e reunido o xurado, formado polo claustro de mestres/as do centro; os espectáculos seleccionados para a súa representación no programa de dito evento, os días 19, 20 e 21 de abril de 2013 son os seguintes:

“O ESPECTÁCULO” de Pablo Rodríguez e Juan Pérez

“ OPUS C 13:4-13” de José Ramón Mejuto e Elena Rodríguez

“0 FASES” de Patricia Rodríguez, Belén Yáñez, Bea Gea e Sonia González

“ALÁ NO FONDO...” de Dafne Míguez e Aurel Míguez

“FILOSOFÍA EN MANDIL” de Eva Vila e Nuria Montero

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

24 de Maio de 2013

"IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar 2013"

Con motivo das IV Xornadas Municipais de Teatro Escolar 2013, a EMT de Vigo ten previsto a representación de 15 pezas teatrais, propostas por diversos centros de ensino de educación primaria e os grupos de Expresión Dramática IA, IB e II da Escola Municipal de Teatro, os días 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de maio no Auditorio do Concello de Vigo.

Programación

5 de Abril de 2013

Concurso carteis "IV Xornadas de Teatro Escolar".

"IV Xornadas de Teatro Escolar" é un proxecto impulsado desde a Escola Municipal de Teatro que consiste na organización dun festival de teatro no que participarán 15 colexios de ensino primario público de Vigo e os grupos de Expresión Dramática IA, IB e II. Cada centro participante presentará o traballo teatral desenvolvido ao longo do curso. O festival terá lugar o 21, 22, 23, 27, 28 e 29 de maio no Auditorio do Concello de Vigo.

Convocámosvos a todos os alumnos/as da escola "pequenos, xóvenes e maiores" a participar neste concurso de carteis para ser a imaxe deste festival. O cartel seleccionado será difundido por toda a cidade.

Todos os carteis presentados serán expostos nas paredes da EMT (para alegrar os nosos corredores).

O xurado estará composto polo claustro de profesores da EMT.

PRAZO LÍMITE DE PRESENTACIÓN DE CARTEIS: xoves 18 de abril.

Podedes entregar os vosos deseños na oficina da EMT.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Sorteo Expresión Dramática I.

Sorteo Expresión Dramática II.

Sorteo Expresión Teatral.

Acta Sorteo 12.09.2012.

Resultado probas acceso Formación de Actores I.

Resultado probas acceso Iniciación a Técnicas Teatrais.

Listaxe Admitidos en Formación de Actores II.

Listaxe Admitidos Aula de Repertorio.

Cursos Monográficos de verán.

O prazo de preinscrición comezará o 11 de xuño e finalizará o 25 de xuño . As preinscricións poderán facerse nas instalacións da Escola Municipal de Teatro (Avenida de Castelao nº 87 (interior), en horario de 10:30 a 13:00 de luns a xoves e de 17:00 a 20:00 de luns a venres. A solicitude pódese encontrar on-line no enlace da Escola Municipal de Teatro de Vigo na páxina hoxe.vigo.org ou na EMT. A publicación dos admitidos será o día 26 de xuño e a formalización dematrícula os días 27, 28 e 29 de xuño. O prezo de cada curso é de de 46.60 euros.

Para máis información pódese contactar no 986485324 ou a través do correo electrónico em.teatro@vigo.org .

Comedia do Arte.

  • O obradoiro propon levar a cabo unha exploración dos oríxes do teatro sacando a luz os procesos que sustentan a comendia, tocando primeiro a área creativa e os personaxes da Commedia dell Arte.
  • Data: 2 de xullo ó 6 de xullo
  • Hora: de 17:00 a 21:00h
  • Mestre : Massimo Malucelli: Calificado con honores sobre o anàlisis dunha trama de la Commedia dell'Arte. Estudiou con grandes maestros internacionais: Actors' Studio, Nichita Mikhalkov, Roy Hart Theatre, Yves Lebreton, Antonio Fava. Imparte cursos de nivel nacionais e internacionais. Escenificador, actor, escritor, director, profesor adxunto na Universidad de Ferrara. Director Artístico do "Campus Belriguardo".

Maquillaxe Artístico

  • O obradoiro ten como obxectivo iniciar os alumno- actores no arte da caracterización teatral e deste xeito ofrecer unha ferramenta máis para complementar e desenvolver o traballo escénico.
  • Data: 2 de xullo ó 6 de xullo
  • Hora: de 17:00 a 21:00h
  • Mestre: Gustavo Brito: Escenógrafo e caracterizador teatral. Formado en distintas escolas en Bos Aires. Desde o ano 2004 reside en Galicia, traballando con compañías teatrais de todo o territorio español, tamén como profesor dictando talleres de Escenografía e Caracterización Teatral en distintas cidades da península Ibérica.

Teatro de Rúa

  • O obradoiro propón coñecer as características básicas deste tipo de espectáculo. O seu desenvolvemento estará baseado na creación dun pequeno espectáculo, desde a idea ata a posta en escena , para ser representado nun espazo da cidade como obxectivo final.
  • Data: 9 de xullo ó 13 de xullo
  • Hora: de 17:00 a 21:00h
  • Mestre: Leonel García Laborde: Lcdo. En Dirección Escénica pola Universidade Estatal de Cultura e Arte de Moscova, Rusia, cunha carreira profesional que abarca dúas liñas de xeito simultáneo: a docente e a artística. Director do grupo de teatro Aforo, fundado en Vigo en 1998.

Interpretación non verbal

  • Este obradoiro consiste no uso da técnica corporal sobre unha partitura de xestos e movementos que den lugar a un discurso claro e sinxelo na narración da historia, na creación de imaxes dramáticas, na creación dun espectáculo, e mesmo para a vida cotiá ante determinadas situacións.
  • Data: 16 de xullo ó 20 de xullo
  • Hora: de 17:00 a 21:00h
  • Leonel García Laborde

16 de maio de 2012

18:00 A Escola Municipal de Teatro, estrea o espectáculo de máscaras " O rapto da bibliotecaria".

  •  * Lugar: Auditorio da asociación de veciños de Valladares (Estrada Xeral de
  • Valladares, 261)
  • * Horario: 18:00 horas
  • * Datas: 16/05/2012

" O rapto da Bibliotecaria"

Unha adaptación da Aula de Repertorio da Escola Municipal de Teatro do conto

de Margaret Mahy

30 de abril de 2011

  • Representación de 15 pezas teatrais con motivo das “III Xornadas Municipais de Teatro Escolar”.

20 de xuño de 2011

  • O prazo de preinscrición do obradoiro de Creación Colectiva na Escena, manterase aberto ata o próximo mércores 6 de xullo. A formalización da matrícula, para os admitidos, será os días 8 e 9 de xullo.

13 de xuño de 2011

  • Abertos os prazos de preinscricións para o curso 2011-2012 ata o día 9 de setembro de 2011. Mais información

23 de maio de 2011

Do 13 ao 17 de Xuño terán lugar as Xornadas Teatrais da Escola Municipal de Teatro.

13 de maio de 2011

O próximo 17 de maio, día das Letras Galegas, a aula de Repertorio da Escola Municipal de Teatro estreará a obra "Historias peregrinas" de Miguel Anxo Murado na A.V. de Valladares. (Estrada Xeral de Valladares, 261) ás 19 horas.

Estades todos invitados á estrea!!!

22 de marzo de 2011

Telón Quitao - Día Mundial do Teatro

  • Mércores 23  de marzo de 2011
  • Lugar: Auditorio do Concello de Vigo
  • Enderezo: Praza do Rei s/n
  • Hora: 19:30
  • Programación

17 de marzo de 2011

4 de febreiro de 2011

Informamos das datas e os espazos onde desenvolveremos neste semestre a programación das representacións da Escola Municipal de Teatro.

19 de novembro de 2010

“Telón quitao”, é un espazo de mostra aberto á creatividade, no que todos os alumnos da Escola Municipal de teatro podeis participar con creacións individuais ou colectivas.

As datas nas que se celebrará “Telón quitao” son:

  • 17 de decembro de 2010
  • 28 de xaneiro de 2011
  • 25 de febreiro de 2011
  • 25 de marzo de 2011

Se queres participar só tes que falar co teu profesor, explicarlle a túa idea e se el, considérao conveniente, presentarlle o teu traballo nunha data previa mostra, para guiarvos con comentarios que vos axuden a perfeccionar o voso traballo.

18/11/2010

A aula de repertorio da Escola Municipal de Teatro actuará este fin de semana coa obra “Ou merlo branco” de Cándido Pazó

Centro cultura Vilar de Infesta: Sábado, 20 de novembro ás 20:30
Enderezo: Barrio da igrexa, nº78 36815 Redondela
Teléfono: 617568717
Centro cultural “Nautilus”: Domingo, 21 de novembro ás 18:00
Enderezo: Sanín, 54. San Andrés de Comesaña
Teléfono: 9876237572

A entrada será libre.