Escudo Concello de Vigo

Educación

Cursos monográficos de verán

Cada verán, a Escola Municipal de Teatro presenta unha nova oferta de cursos monográficos, destinados a todas as persoas interesadas no mundo teatral, que queiran perfeccionar a súa técnica ou ben iniciarse no coñecemento teatral.

Obradoiros monográficos de verán 2018

O prazo para solicitar a súa praza e inscribirse nun dos cursos é dende o 21 de maio ata o 11 de xuño de 2018.

As preinscricións poderán entregarse nas instalacións da Escola Municipal de Teatro de luns a xoves entre 17:15 e as 20:15 horas e os venres de 17:30 a 19:15.

O 19 de xuño publícase a lista de admitidos que terán que formalizar a súa matrícula do 26 ao 29 de xuño.

A lista de admitidos nos cursos de verán poderase consultar aquí.

As persoas admitidas nalgún dos cursos monográficos de verán deben pagar o importe do curso na Tesouraría do Concello de Vigo (planta baixa) ou a través da páxina web habilitada ao efecto. O primeiro día do curso entregarán unha copia do xustificante de pagamento cunha copia do DNI.

Para solicitar calquera información e resolver dúbidas, pode contactar con nós por teléfono 986 485 324 e por correo electrónico em.teatro@vigo.org

Obradoiro teatro en inglés

Este obradoiro ofrécelles aos seus participantes a posibilidade de desenvolver a práctica oral da lingua inglesa a través do xogo dramático. Xogando e interpretando conseguirán aprender esta lingua sen se decataren. Esta é unha fórmula ideal para mellorar o idioma, pois cumpre dous obxectivos ao mesmo tempo: divertir e ensinar. Os/as alumnos/as poderán aprender inglés nun ambiente óptimo, ademais de desenvolver a súa sensibilidade, as súas posibilidades creativas.

Obradoiro iniciación á Commedia dell`Arte

Este obradoiro é unha iniciación á Commedia dell`Arte e á construción dos seus personaxes a través da composición física e das técnicas de improvisación propias do estilo.