Educación
Destinatarios
Orientado a nenos e nenas entre 4 e 8 anos. No caso de que o número de demandantes sexa superior á oferta de prazas, procederase a un sorteo público.
Descrición
Este itinerario de dramatización permitiralle ao alumnado manifestarse e expresar as súas ideas, vivencias, afectos ou sentimentos e comunicarse cos demais a partir da utilización da voz, do corpo, do tempo, do ritmo e do espazo.
Itinerario: Dramatización - Idade: 4-8 anos - Duración máxima: 4 anos | |||
---|---|---|---|
Idade | Curso | Materias | Horas Semanais |
4-5 | 1º | Psicomotricidade, ritmo, expresión corporal e xogo dramático I | 2 |
5-6 | 2º | Psicomotricidade, ritmo, expresión corporal e xogo dramático II | 2 |
6-7 | 3º | Ritmo, expresión corporal, xogo dramático e xogo de roles I | 3 |
7-8 | 4º | Ritmo, expresión corporal,xogo dramático e xogo de roles II | 3 |
Destinatarios
Orientado a alumnos/as desde 9 anos en diante, organizados en tres grupos de idades: (9-11 anos), (12-15 anos) e (16 anos e máis) e subdivididos en tres niveis cada grupo:
Descrición itinerario: Básico
O itinerario Básico céntrase no desenvolvemento da expresión do alumnado dunha maneira activa e dinámica, potenciando a expresividade corporal e vocal do alumnado, e proporcionándolles recursos interpretativos para iniciarse na práctica teatral. Potenciará a súa sensibilidade, as súas posibilidades creativas e a súa capacidade de descubrirse a si mesmo para que se manifeste con espontaneidade e plenitude.
Os niveis e materias expóñense a continuación:
Itinerario: Básico - Idade: 9-11 anos - Duración máxima: 3 anos | |||
---|---|---|---|
Idade | Curso | Especialidade | Horas Semanais |
9-11 | 1º | Recursos interpretativos I | 1 |
2º | Recursos interpretativos II | 1 | |
3º | Recursos interpretativos III | 1,5 | |
Formación complementaria | |||
9-11 | 1º, 2º e 3º | Expresión corporal/rítmica e vocal | 1 |
Actividades de conxunto | |||
9-11 | 1º, 2º e 3º | Taller de creación dramática | 1,5 |
Itinerario: Básico - Idade: 12-15 anos - Duración máxima: 3 anos | |||
---|---|---|---|
Idade | Curso | Especialidade | Horas Semanais |
12-15 | 1º | Recursos interpretativos I | 1 |
2º | Recursos interpretativos II | 1 | |
3º | Recursos interpretativos III | 1 | |
Formación complementaria | |||
12-15 | 1º, 2º e 3º | Expresión corporal/rítmica e vocal | 1 |
Actividades de conxunto | |||
12-15 | 1º, 2º e 3º | Taller de creación dramática | 1,5 |
Itinerario: Básico - Idade: +16 anos - Duración máxima: 3 anos | |||
---|---|---|---|
Idade | Curso | Especialidade | Horas Semanais |
12-15 | 1º | Recursos interpretativos I | 1 |
2º | Recursos interpretativos II | 1 | |
3º | Recursos interpretativos III | 1 | |
Formación complementaria | |||
12-15 | 1º, 2º e 3º | Expresión corporal/rítmica e vocal | 1 |
Actividades de conxunto | |||
12-15 | 1º, 2º e 3º | Taller de creación dramática | 1,5 |
Destinatarios
Orientado a alumnos/as desde 12 anos en diante, organizados en dous grupos de idades: (12-15 anos) e (16 anos e máis) e subdivididos en tres niveis cada grupo.
Descrición itinerario: Medio
O Itinerario Medio vai encamiñado á formación e ao adestramento do alumnado a través dunha formación teórico-práctica. As materias teóricas consistirán en aspectos básicos de cultura teatral, necesarios para comprender mellor o significado do “feito teatral”, e as materias prácticas introducirán ao alumnado nos principios e fundamentos que lle permitirán utilizar correctamente o seu corpo e a súa voz en función dun contexto e linguaxe de tipo realista.
Na páxina seguinte expóñense os cadros por idade, niveis e materia:
Itinerario: Medio - Idade: 12-15 anos - Duración máxima: 3 anos | |||
---|---|---|---|
Idade | Curso | Especialidade | Horas Semanais |
12-15 | 1º | Interpretación I | 1 |
2º | Interpretación II | 1 | |
3º | Interpretación III | 1 | |
Formación complementaria | |||
12-15 | 1º | Expresión rítmico-musical | 1 |
12-15 | 2º | Ortofonía, dicción e canto aplicado a interpretación | 1 |
12-15 | 3º | Cultura teatral | 1 |
Actividades de conxunto | |||
12-15 | 1º, 2º e 3º | Taller de posta en escena | 1,5 |
Itinerario: Medio - Idade: +16 anos - Duración máxima: 3 anos | |||
---|---|---|---|
Idade | Curso | Especialidade | Horas Semanais |
+16 | 1º | Interpretación I | 1 |
2º | Interpretación II | 1 | |
3º | Interpretación III | 1 | |
Formación complementaria | |||
+16 | 1º | Expresión rítmico-musical | 1 |
+16 | 2º | Ortofonía, dicción e canto aplicado a interpretación | 1 |
+16 | 3º | Cultura teatral | 1 |
Actividades de conxunto | |||
+16 | 1º, 2º e 3º | Taller de posta en escena | 1,5 |
Destinatarios
Este curso está destinado ao alumnado que fixese o Itinerario Medio ou a persoas que acrediten experiencia previa suficiente equivalente mediante probas de acceso. Está orientado a alumnos/as a partir de 12 anos.
Descrición itinerario: Avanzado
Este curso é o complemento á formación teórico-práctica xa iniciada no Itinerario Medio. Afondarase nos principios e fundamentos que permitirán ao alumnado utilizar correctamente o seu corpo e a súa voz, en función dun contexto e dunha linguaxe de tipo non realista e afondar na realista, a través do traballo de diferentes xéneros e tendencias teatrais. Complementarase a formación con materias que lle permitiran ao alumnado iniciarse na interpretación ante a cámara e as novas tecnoloxías aplicadas ao espectáculo teatral.
A continuación expóñese o cadro de niveis e materias:
Itinerario: Avanzado - Idade: +12 anos - Duración máxima: 2 anos | |||
---|---|---|---|
Idade | Curso | Especialidade | Horas Semanais |
+12 | 1º | Técnicas Interpretativas I | 1 |
2º | Técnicas interpretativas II (teatro, cine e tv) | 1 | |
Formación complementaria | |||
+12 | 1º | Análise de texto e da súa aplicación | 1 |
+12 | 2º | Novas tecnoloxías aplicadas ao espectáculo teatral | 1 |
Actividades de conxunto | |||
+12 | 1º, 2º e 3º | A representación teatral: posta en escena (Espazo escénico e escenografía) | 1,5 |
Destinatarios
O itinerario ForAgrup é un espazo que ten como obxectivo acoller ao alumado que finalizase os seus estudos na escola e queira seguir conectado á actividade da mesma, así como a posibilidade de desenvolver as competencias dramáticas e teatrais de calquera cidadán.
Por outra banda, o antigo alumnado que segue formando parte do elenco de producións desenvolvidas nos anos anteriores, e das que aínda se seguen realizando representacións, precisarán estar matriculados neste itinerario.
As características de participación serán as mesmas que para as Actividades de Conxunto do resto de itinerarios, ou para as materias de formación complementaria.
Itinerario: ForAgroup - Idade: +12 anos - Duración máxima: Indefinida | |||
---|---|---|---|
Idade | Curso | Formación complementaria | Horas Semanais |
+12 | Formación complementaria global da escola | 1 | |
Actividades de conxunto | |||
+12 | Participación en calquera das actividades de conxunto que se desenvolven na escola | 1,5 |
Concello de Vigo
Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)
Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100