Listaxes alumnado
Listaxes definitivas (matriculados, reservas, aptos, preinscritos e non presentados)
Duración do curso académico
O período lectivo para o alumnado abarcará dende o día 2 de outubro de 2017 ao 22 de xuño de 2018.
Periodos de preinscripción
- Do 26 de xuño ao 8 de setembro, ambos os dous incluídos, abrirase o período de preinscrición nas instalacións da Escola Municipal de Teatro na Avda. de Castelao, nº87 (interior).
- Preinscrición presencial: do 26 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 8 de setembro.
- Preinscrición on-line: do 26 de xuño ao 8 de setembro. O 13 de setembro, publicarase na Escola Municipal de Teatro a lista de solicitantes e tamén na páxina web http://hoxe.vigo.org/emt.
- Do 14 ao 19 de setembro, ambos os dous incluídos, realizaranse as probas de acceso para o alumnado dos itinerarios Medio e Avanzado.
- O 22 de setembro, publicarase na Escola Municipal de Teatro a lista do alumnado admitido para o curso escolar 2017/2018 e tamén na páxina web http://hoxe.vigo.org/emt.
- Do 22 ao 29 de setembro realizarase a formalización da matrícula. As clases comezarán o 2 de outubro, con xuntanzas informativas para o alumnado admitido e os pais/nais nos grupos de nenos/as e mozos/as.
- Se o número de solicitudes nos itinerarios Dramatización e Básico, excede ao de prazas vacantes efectuarase un sorteo público o día 15 de setembro ás 12,00 h nas instalacións da Escola Municipal de Teatro-
Solicitudes
Os/as solicitantes que desexen matricularse na EMT deberán cubrir o impreso de preinscrición e presentalo presencialmente, na Avda. de Castelao nº 87 (interior) ou on-line, durante o prazo de preinscrición establecido.
Os solicitantes de praza que foran admitidos nas listaxes do día 22 de setembro, deberán formalizar a matrícula nas instalacións da Escola Municipal de Teatro de Vigo, na Avenida de Castelao, nº87 (interior), entre o 22 e o 29 de setembro en horario de 10 a 13 horas de luns a venres.
No primeiro recibo do mes de outubro cargarase o importe da primeira mensualidade máis a matrícula.
- Matrícula: 25,85 €
- Mensualidade: 22,40 €
Infomación solicitude de exención de tasas CURSO 2017-2018
Documentación
No momento de formalizar a matrícula os/as solicitantes de praza que resulten admitidos/as, aportaran a seguinte documentación:
- Unha fotografía tamaño carné (Soamente alumnos de primeira matrícula)
- Fotocopia do DNI (Se o alumno/a ten DNI e soamente alumnos de primeira matrícula)
- Número de conta bancaria cos 20 díxitos para a domiciliación dos recibos.(Será necesario completar e firmar unha autorización bancaria na escola).
Criterios de admisión
O alumnado que desexe inscribirse na EMT deberá facer a correspondente solicitude atendendo ás seguintes condicións xerais:
Criterios de admisión xenéricos para todos os niveis ofertados:
- So poderá acceder á Escola Municipal de Teatro o alumnado empadroado en Vigo.
- O alumnado matriculado no anterior curso escolar, terá preferencia na reserva de praza. Farase un período de reserva de matrícula do 16 de maio ao 2 de de xuño.
- As probas de acceso para os itinerarios Medio e Avanzado serán do 14 ao 19 de setembro, previa cita e consistirán na lectura e comprensión dun texto teatral proposto pola EMT, e unha entrevista persoal.
- Ao final do curso o alumnado que remate itinerario recibirá un diploma acreditativo da súa asistencia, sempre que non sobrepase o número de faltas permitidas.
Tramitación
A Escola Municipal de Teatro de Vigo recollerá e organizará as solicitudes recibidas nos distintos cursos programados, e de ser o caso, convocará o sorteo público o día 15 de setembro.
Nos itinerarios Medio e Avanzado, a comisión de baremación, tralas probas pertinentes, proporá a lista definitiva de admitidos/as e estará formada por:
- A directora da escola.
- O xefe de estudos.
- Os/as mestres/as de cada unhas das especialidades.
- O Xefe do Servizo de Educación.
- O Técnico do Servizo de Educación.