Escudo Concello de Vigo

Educación

Práctica Instrumental

Instrumental (Xuvenil e Adulto)

A práctica instrumental abrangue:

Musica
  • Aprendizaxe afeccionada. Para o desnvolvemento persoal e interpretacion colectiva. O seu obxectivo principal e a práctica da música en conxunto e a formación en valores asociados á mesma: a comunicación, a interación do grupo e a socialización do individuo, así como a expresion das emocións a través da música.
  • Formación para futuros profesionais. O seu obxectivo é a orientación do alumnado ao estudo individual co fin de habitualo á disciplina de aprendizaxe profesional e a preparación para o acceso exitoso aos conservatorios.

O desenvolvemento como instrumentista comprende os seguintes ámbitos:

  • Práctica instrumental: a adquisición de destrezas técnicas, interpretativas e muscais, que permitan formar parte dunha agrupación.
  • Formación Musical Complementaria: o coñecemeto dos conceptos teórico/prácticos necesarios que permitan unha exacta valoración e comprensión do fenómeno artístico-musical nos seus múltiples aspectos teóricos, históricos, estéticos e sociais.
  • Actividdes de Conxunto: as actividades de conxunto na súa diversidade de formacións, tanto vocais como instrumentais, permítenlle ó alumnado da escola de música comprende-lo significado da súa formación musical ó posibilitarlle a participación dentro dun grupo. Neste sentido representan o fin último que persigue a ensinanza dun instrumento na educación musical para afeccionados.

Asi mesmo, neste nivel de ensino desenvolvense os seguintes itinerarios:

  • Itinerario Instrumentista Básico ( de cinco anos de duración)
  • Itinerario Instrumentista Avanzado ( de dous anos de duración)
  • Itinerario Instrumentista Profesional ( curso preparación acceso ao conservatorio)
  • Itineraio For-Grup

Galería de Fotos

Practica Instrumental