Escudo Concello de Vigo

Educación

Oferta formativa

Calquera persoa empadroada no municipio de Vigo, a partir dos 4 anos de idade, que desexe realizar estudos non regulados de música, pode acceder á Escola Municipal de Música, na que se imparten os seguintes itinerarios:

  • Itinerarios
  • Música e Movemento.

Destinado a nenos e nenas entre os 4 e os 7 anos.

Divídese en dous niveis educativos: iniciación e formación básica. Terá por obxecto a introcución de nenas e nenos no mundo da música a través do xogo a actividade rítmica e a percepción auditiva.

Música e movemento terá a consideración de ciclo independente do resto da oferta da Escola Municipal de Música de Vigo e poderá dar acceso a diferentes ofertas municipais de formación en música e artes escénicas.

Este ámbito formativo, común para as escolas de música e de danza, está dirixido exclusivamente ós alumnos de idades comprendidas entre os catro e sete anos, co fin de atender, cun tratamento pedagóxico específico, o descubrimento e desenvolvemento das capacidades expresivas, musicais e motrices que permitan posteriormente a elección dun instrumento ou da danza e unha práctica gozosa e convincente de ámbalas dúas actividades artísticas.

O ensino integrado de música e movemento realizarase en grupo e deberá organizarse en dous niveis de dous cursos de duración cada un deles:

  • Iniciación. dirixido ós alumnos de catro a seis anos.
  • Formación básica. dirixida ós alumnos de seis a oito anos.

Os grupos non deberían supera-los 12 alumnos no nivel de iniciación e os 15 no de formación básica.

Oferta Formativa

As materias que se imparten nesta Escola, son as seguintes:

Música e movemento

Práctica Instrumental

  • Clarinete, Saxofón
  • Trompa, Trompeta
  • Trombón, Tuba
  • Violín, Viola
  • Violonchelo, Contrabaixo
  • Guitarra, Piano
  • Percusión, Frauta

Formación Complementaria

  • Expresión Musical
  • Audición
  • Crear e Tocar
  • Música e Tecnoloxía

Actividades de Conxunto

  • Conxunto Orff
  • Banda Infantil
  • Orquestra Infantil
  • Orquestra de Corda
  • Combo
  • Coro