Escudo Concello de Vigo

Educación

Materias Complementarias

As materias complementarias, teñen a función de perfeccionar e completar o proceso formativo, co fin de conseguir un maior índice de inserción laboral entre o alumnado participante.

As que se imparten nesta Escola Obradoiro son:

Educación compensatoria

Pretende apoiar ao alumnado traballador que non alcanzou o Graduado en Secundaria, xa que esta titulación é de suma importancia na procura de emprego.

Alfabetización informática

Inclúese un módulo de informática básica, de 30 horas de duración, na que se dota ao alumnado das destrezas básicas nas novas tecnoloxías, enfocándoas a situacións prácticas e útiles como a procura de emprego, a elaboración de currículo e cartas de presentación entre outros.

Orientación, información profesional e formación empresarial

Persegue dotar ao alumnado de coñecementos básicos laborais:

  • Preparación de currículo.
  • Estratexias de face a entrevistas de traballo.
  • Coñecemento de distintos tipos de contratos.
  • Interpretación de nóminas.
  • Declaración da renda.
  • Toma de contacto coas empresas dos sectores representados.

Todo iso con vistas á inserción laboral das alumnas e os alumnos traballadores e unha vez finalizado o proxecto.

Igualdade de xénero

Módulo de 16 horas de duración mínima, no que se traballa sobre a problemática creada na sociedade, polos tratos discriminatorios en función do xénero.

O seu obxectivo é alcanzar unha maior concienciación cara ao problema por parte do alumnado.

Sensibilización ambiental

Módulo de 10 horas de duración mínima. Persegue dar unha idea dos problemas mais perentorios que se lle presentan ao medio ambiente, así como das posturas a adoptar na nosa vida cotiá para paliar os seus efectos, desde a escala de actuación que nos ocupa.

Prevención de riscos laborais

Módulo de 50 horas de duración por especialidade formativa.

Trátanse as normas e pautas de seguridade xerais así como as específicas de cada profesión.

Materias Complementarias

Últimas noticias municipais