Escudo Concello de Vigo

Educación

Especialidades Formativas

As Especialidades Formativas que se imparten nesta escola taller son as seguintes:

Carpintería de Ribeira

Esta especialidade pretende que os alumnos e alumnas adquiran os coñecementos e destrezas que os capaciten para inserirse laboralmente nos seguintes campos:

  • Carpintería naval.
  • Interiores.
  • Confección de modelos.
  • Carpintería en xeral.

Construción naval en laminados de madeira

Con esta especialidade perséguese a capacitación das alumnas e alumnos en novas técnicas de construción, con laminados de madeira, aplicadas, no noso caso, ao naval, pero que por extensión serven para todo tipo de traballos con estes materiais.

Tamén se adquire formación básica en laminados con poliester.

Actividades Náuticas

Especialidade que pretende conseguir un perfil de profesional náutico polivalente, cubrindo a crecente demanda das empresas do sector e os portos deportivos, capaz de asumir entre outras, as seguintes tarefas:

  • Mantemento e reparación de embarcacións.
  • Confección de velas.
  • Manexo de pequenas embarcacións de vela e motor.

Ademais, nesta especialidade inclúese a realización de labores de divulgación con escolares.

Especialidades Formativas

Últimas noticias municipais