Escudo Concello de Vigo

Educación

Organización

O proxecto da Escola Obradoiro Mar de Vigo V ten unha duración de ano e medio, está dividido en tres fases de seis meses, durante as cales o alumnado traballador asiches á escola en horario de 7:30 a 15:30 horas.

Primeira Fase: fase de formación

A primeira fase ou "fase de formación" desenvólvese do 29 de decembro de 2009 ao 28 de xuño de 2010. Caracterízase por estar dedicada á adquisición de coñecementos e destrezas elementais en cada unha das especialidades. Durante esta fase o alumnado traballador, 33 en total, perciben unha bolsa de 9 euros por día asistido.

Segunda e terceira fases: fases de execución do proxecto de obra

A segunda e terceira fases desenvólvense do 29 de xuño de 2010 ao 28 de xuño de 2011.

Caracterízase por alternar a formación coa execución do proxecto de obra, participan nelas as alumnas e alumnos traballadores que superan a primeira fase, sendo contratadas e contratados polo Concello de Vigo coa modalidade de "contrato de formación".

Organización docente e administrativa

O Persoal da escola obradoiro está constituído por:

  • Director.
  • Titora.
  • Expertos docentes: un por especialidade.
  • Administrativa.
  • Conserxe-condutor.
  • Profesora de educación compensatoria.

Contrátanse, ademais, os servizos dunha enxeñería naval para realizar o proxecto construtivo, así como para o seu seguimento.