Escudo Concello de Vigo

Educación

Matrículas

Nesta páxina publícanse todos os aspectos relacionados coas prazas ofertadas por curso académico, os documentos necesarios para as preinscricións e matrículas, as listas de alumnas e alumnos admitidos, horarios e datas de probas e do curso.

Alumnado de novo ingreso

Para ingresar no itinerario Básico, débese realizar unha preinscrición, entrar nun sorteo que decidirá as preferencias sobre os horarios dispoñibles así como a distribución dos aspirantes en admitidos ou lista de espera, nos casos nos que exista unha demanda superior á oferta de prazas, e posteriormente, formalizar a matrícula.

Para ingresar nos Itinerarios Medio e Avanzado, débese realizar unha preinscrición, realizar unha proba de aptitude, unha entrevista persoal e, finalmente, formalizar a matrícula no seu caso.

Tamen se pode participar nas Aulas Abertas e formacións grupais que teñen a duración dun ano escolar..

Inscricións e Matrículas

Documentación requirida:

Preinscrición no Itinerario Básico

Preinscrición no Itinerario Medio e Avanzado

A matrícula formalizarase única e exclusivamente en persoa, na secretaría da ETRAD. Imprescindible presentación do DNI.

Prazos e datas

Preinscrición:

  • Por Internet: do 20 de xuño ao 9 de setembro de 2016.
  • Presencialmente: nas oficinas da Escola, do 20 de xuño ao 31 de xullo e do 1 ao 9 de setembro de 2016.

Mais información en www.emmavigo.org

Materias e Convalidacións dos Ciclos Medio e Avanzado curso 2016-2017

  • Linguaxe musical 1: Certificados de Escolas Municipais de Música, Conservatorio Medio ou Superior.
  • Linguaxe musical 2: Certificados de Escolas Municipais de Música, Conservatorio Medio ou Superior.
  • Historia Xeral da Música: Conservatorio Medio ou Superior.
  • Polifonía: Certificado de Canto Coral (un curso) en Conservatorio Medio ou Superior.
  • Outras convalidacións posibles solicitandoas unha vez realizada a matrícula.

Horario das clases (curso 2016 / 2017)

As clases impártense de luns a venres, en horario de mañá os xoves entre 11:00 e 13:00, e diariamente tarde: entre as 16:00 e as 21:00 horas.

 Pode consultar toda a información sobre horarios, especialidades e normativa no seguinte documento