Escudo Concello de Vigo

Educación

Actividades Complementarias

A formación recibida polos alumnos de Danza e Percusión, compleméntase cun proxecto de actividades complementarias, no que se inclúen: actividades anuais, actividades puntuais, visitas formativas e festivais.

Pŕóximas actividades:

  • Magosto: 9,10 e 11 de novembro do 2015.
  • Festival "Na punta do pé": 26 de febreiro do 2016 no auditorio Municipal as 20 horas.
  • Curso de danzas do norte: 18 de marzo do 2016 de 19 a 21 horas, na escola.
  • Curso de danzas do mundo: 1 de abril de 19 a 21 horas, na escola.
  • Saída didáctica aula etnográfica do río Barosa: 21 de maio do 2016 (todo o día).
  • Festival fin de curso: Venres 17 de xuño do 2016 as 20 horas.

Curso de verán : Perfeccionamento de pandeiro e pandeireta impartido por "Polo" (director da escola)

  • Mes: xulio
  • Días: 6, 7, 8, 9, 10.
  • Alumnos (mínimo de 10, máximo de 20).
  • Horarios: De 11 a 13 horas.
  • Preinscrición: 29 de xuño ao 3 de xulio (ambos inclusive)

Festival Reconquista de Vigo. 28 de marzo de 2015

DANZA1
DANZA2
DANZA3

Curso "Danzas do mundo". 17 de marzo de 2015

DANZA1
DANZA2
DANZA3

Festival "Na Punta do Pé". 12 de marzo de 2015

DANZA1
DANZA2
DANZA3

Curso de danzas del norte (Coruña) día 13 de marzo

Curso intensivo de duas horas, que nos soubo a pouco, impartido polo noso novo mestre Luis Prego.

Curso de percusión tradicional dia 27 de febreiro

Repetimos experiencia cos alumnos de Aspanaex, todos volvemos a disfrutar da súa compaña, da sua ledicia e das ganas de aprender.

Actuación do Centro "Aspanaex" de danza tradicional  o venres 30 de xaneiro de 2015

Un grupo de 25 persoas con discapacidade intelectual do centro ASPANAEX participaron nunha sesión de danza tradicional galega na Escola Municipal de Danza Tradicional o pasado venres 30 de xaneiro. Esta foi a primeira vez que recibimos unha visita tan especial na que a ledicia foi o ingrediente principal.

Esperamos repetir a experiencia.

DANZA1
DANZA2
DANZA3

Actividades anuais

Durante as clases anuais de Danza e Percusión, realízanse proxeccións de vídeos e diapositivas e audicións, entre outras actividades, que enriquecen e complementan a formación recibida.

Actividades específicas e puntuais

  • Cursos: poderáse organizar algún curso específico que complemente a formación do alumnado. Cada curso, o alumnado será informado dos cursos específicos programados pola EMD, así como a información correspondente para a súa realización.
  • Nos cursos pasados, leváronse a cabo cursos específicos de: danza vasca, danza portuguesa, danza charra, danza aragonesa, danzas do mundo, danza bretoa, baile andaluz, bailes típicos da provincia da Coruña, bailes de salón, danza oriental, tango, sevillanas,etc. E Talleres de: ferrería, cestería, elaboración de grecas e elaboración de roupa branca, entre outros.

Visitas formativas

  • Visita á Universidade Popular.
  • Visita aos museos etnográficos:
    • Museo "Olimpo Liste" de Oseira.
    • Museo do Mar en Saiáns, Vigo.
    • Limia.
    • Vilar de Santos.
    • Museo dos Muíños e Museo dos xoguetes en Allariz.
    • Museo do Pobo galego.
    • Museo de Pontevedra.
    • Museo etnográfico de Villasobroso.
  • Visita á Casa do Cesteiro.
  • Visita á Casa do Selleiro.
  • Visita ao Taller do Liño de Allariz, etc.

Festivais organizados pola Escola Municipal de Danza

  • Festival "Dos Reencontros".
  • Festival "Na punta do pé".
  • Festival de Fin de curso