Escudo Concello de Vigo

Educación

Danza Galega

As clases de Danza Tradicional Galega poden recibirse na Escola Central ou nas distintas Seccións.

  • Dirixidas a calquera persoa entre os 4 e os 80 anos que teña interese e inquietude por coñecer e gozar do folclore desta terra.
  • Non importa o nivel de coñecemento inicial, ou que nunca se bailou antes, na Escola Municipal de Danza hai sitio para todos e todas.
  • As clases prográmanse e estruturan en función das características individuais e dos coñecementos iniciais das alumnas e alumnos.

Danza na Escola Central

Idades: de 4 a 65 anos.

Horario das clases:

De 4 a 5 anos: mércores e venres de 18:00 a 18:45 horas.

De 6 a 7 anos: mércores e venres de 18:00 a 18:45 horas.

De 8 a 11 anos: luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas.

De 12 a 15 anos:luns e mércores de 19:00 a 20:00 horas.

Maiores de 16 anos:

Nivel Básico (Iniciación): luns e mércores de 21:00 a 22:00 horas.

Nivel Medio e Avanzado (Perfeccionamento): luns e mércores de 20:00 a 21:00 horas.