Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/e_pme_vigo_emprega.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Vigo Emprega - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Vigo Emprega

Programa Integral de Emprego “VIGO EMPREGA”

O programa integral de emprego "Vigo Emprega" enmárcase no Plan Municipal de Emprego 2008-2011.

Obxectivo xeral do programa

Favorecer e facilitar a inserción e reinserción laboral de todas as persoas beneficiarias acollidas a este programa, mediante:

  • Accións deseñadas e programadas co fin de incrementar e mellorar a súa empregabilidade, facilitando deste xeito o seu acceso ao emprego.
  • Accións de reciclaxe e orientación profesional.

As persoas participantes son seleccionadas a partir das candidaturas emitidas polo Servizo Público de Emprego.

Recursos humanos

O persoal dedicado a materializar este programa, está formado por:

  • Unha coordinadora.
  • Unha orientadora laboral.
  • Unha analista ocupacional experta en formación continua e ocupacional.
  • Unha axente de inserción laboral.
  • Unha dinamizadora de emprego.
  • Unha administrativa.

Acciones del Programa Vigo Emprega

1. Orientación e asesoramento laboral:

  • Entrevistas individuais.
  • Itinerarios formativos e profesionais
  • Orientación ao mercado de traballo.

2. Acompañamento e titorización na procura de emprego:

  • Información e asesoramento.
  • Deseño de estratexias de procura adaptadas ás necesidades e peculiaridades individuais das persoas.
  • Aula de apoio na procura, etc.

3. Formación:

  • Plans de formación individualizados.
  • Actualización da información das persoas beneficiarias.
  • Cursos de formación con compromiso de contratación.
  • Execución de accións formativas, xerais e específicas a desenvolver en grupos de 15 persoas, entre elas:
    • Cursos de informática de distintos niveis e duración.
    • Cursos de Prevención de riscos laborais xenerais e específicos por sectores.
    • Cursos de formación sectorial (en función das necesidades das persoas beneficiarias e das necesidades de contratación das empresas).
      • Curso de Carretilla Elevadora.
      • Curso de Peóns para obras de humanización.
      • Curso de Teleoperadoras e Teleoperadores.
      • Curso de Atención ao cliente. Satisfacción e fidelización de clientes.
      • Curso de “Escaparatismo e paquetería”.
      • Curso de Contabilidade e balances.
      • Curso de Inglés.
      • Curso de Manipulación de alimentos.
      • Curso de Deseño de páxinas web.
      • Curso de “Contaplus e facturaplus”.
      • Accións formativas dirixidas a persoas emprendedoras.
      • Curso de Risoterapia, etc.

4. Intermediación laboral:

  • Información e asesoramento laboral.
  • Xestión de colocación e seguimento.
  • Xestión de prácticas profesionais-ocupacionais.
  • Apoio ás insercións realizadas.

5. Prospección do mercado de traballo:

  • Análise do mercado laboral.
  • Deseño dunha base de datos de empresas.
  • Visita a empresas, etc.

6. Realización de acordos con empresas:

  • Para realización de prácticas laborais.
  • Realización de cursos de formación con compromiso de contratación.
  • Participación nos procesos de selección das empresas.