Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/e_pme_teis.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Rexeneración urbana do barrio de Teis - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Rexeneración urbana do barrio de Teis

Rexeneración Urbana do Barrio de Teis

  • Enderezo: Praza do Rei 1, 4º andar. 36202 Vigo.
  • Teléfono: 986 810 232.
  • Fax: 986 810 162.
  • Email: teis.economico@vigo.org
  • Horario: de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.

O Proxecto E0037 Rexeneración Urbana de Teis, foi aprobado polo “Ministerio de Economía y Hacienda”, para a co-financiación de proxectos individuais de Conservación do Patrimonio Cultural Europeo, polos fondos do “Instrumento Financiero del EEEA “e o Concello de Vigo.

Obxectivo do Proxecto

O obxectivo deste proxecto é crear unha contorna urbana sostible, saudable e armónica, que permita incrementar a calidade de vida e o benestar da cidadanía.

Preténdese a rexeneración e a valorización dos espazos públicos que se achan infrautilizados e deteriorados e a recuperación do bordo litoral do barrio de Teis para o seu uso social.

A duración estimada é de 24 meses, contados a partir de Maio 2009.

Actuacións

As accións propostas complementan outras intervencións que xa se están desenvolvendo dentro da área, tales como a humanización de Sanjurjo Badía, a creación de rutas de sendeirismo no Parque Natural da Guía e o uso público das instalacións deportivas da ETEA.

Primeiras actuacións propostas:

  • Humanización da rúas Sanjurjo Badía e Avenida de Galicia.
  • Mellora dos viarios de conexión, os núcleos Toural e Ríos
  • Construción dunha pasarela ecolóxica no bordo litoral de Teis (desde A Guía ata Rotea).
  • Obras de restauración da Garavilla.

Espérase que todas elas produzan un impacto determinante, devolvendo ao territorio o dinamismo cultural, económico e social do pasado, recuperando a centralidade que tivo no apoxeo da principal cidade de Galicia.

Áreas de Actividade

As actuacións do proxecto agrúpanse en áreas de actividade, en función de:

  • A problemática á que responden.
  • Os obxectivos que perseguen.
  • A estratexia ao redor da que se articulan.

Devanditas áreas son as seguintes:

  • Tecido urbano: pretende a creación dunha contorna urbana máis saudable e armónico, con menor conxestión e concentración, mediante a rexeneración da zona, a adecuación de viarias e a reordenación dos espazos públicos en base aos seus usos potenciais.
  • Espazos naturais: pretende aproveitar os espazos naturais existentes na zona, de gran riqueza paisaxística e potencialidade turística.
  • Patrimonio histórico-cultural: pretende evitar a perda da identidade do barrio grazas a: a recuperación e valorización dos elementos tradicionais e culturais existentes, que reflicten o seu pasado e explican o seu presente.
  • Xestión e seguimento: pretende a creación dun órgano de xestión que garanta a execución das actuacións e a súa calidade, mediante a coordinación entre as áreas e a axilidade na toma de decisións.
  • Información e publicidade: pretende sensibilizar á opinión pública sobre o papel desempeñado polo “Instrumento Financiero del Espacio Económico”, así como implicar á poboación no desenvolvemento das actuacións previstas, garantindo o seu correcto desenvolvemento.

 

Pode consultar o seguinte documento para obter información máis precisa e ampliada.

 

logos