Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/e_pme_imos_traballar.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Imos Traballar - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Emprego Local

Imos Traballar

Proxecto IMOS Traballar

  • Enderezo: Rúa Martínez Garrido 21 interior, baixo. 36205 Vigo. (CERA)
  • Teléfono: 986 266 320.
  • Fax: 986 270 702.
  • Email: it.administracion@vigo.org
  • Web: www.imostraballar.com
  • Horario de Oficina: de luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.

O proxecto "IMOS traballar", elaborado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego e Participación Cidadá, está cofinanciado polo Ministerio de Administracións Públicas, o Fondo Social Europeo e o Concello de Vigo.

"IMOS traballar" ten como finalidade aumentar a taxa de emprego municipal, prestando maior atención aos colectivos con maiores dificultades para atopar un emprego estable e de calidade: os colectivos con risco de exclusión social.

Neste proxecto unifícanse:

  • O Pacto Local polo Emprego.
  • Os Itinerarios Integrados de Inserción Sociolaboral.

Pacto Local polo Emprego

O pacto intégrano entidades sindicais (UGT, CC.OO, CIG) e empresariais (CEP, APE e AJE). Pretende alcanzar, mediante a redacción e firma dun documento consensuado por todos eles:

  • Un medio que mobilice os recursos locais para a creación de emprego.
  • Un instrumento para identificar as actividades susceptibles de crear novos empregos na contorna local.
  • Unhas ferramentas necesarias para planificar a política de emprego de Vigo.
  • Uns criterios de avaliación que establezan un proceso continuo de desenvolvemento da política local de emprego.

Por medio de:

  • A análise das necesidades e determinación de estratexias.
  • A elaboración das perspectivas locais de emprego a través da participación cidadá.
  • A identificación dos novos xacementos de emprego.
  • A planificación consensuada das accións para o emprego.

Itinerarios Integrados de Inserción Sociolaboral

Son unha oportunidade de formación que permiten mellorar as competencias profesionais.

Están dirixidas especialmente aos colectivos que, na nosa cidade, atopan maiores dificultades de inserción laboral e con risco de exclusión social.

Contan con acompañamento personalizado e especializado ao longo de todo o proceso: formación, prácticas e procura de emprego na inserción laboral.

Son accións formativas gratuítas, nas que ademais se contempla a posibilidade de obter bolsas ou axudas.

Oferta formativa do proxecto:

  • Atención sociosanitaria a persoas no seu domicilio.
  • Persoa empregada de fogar.
  • Coidado de persoas discapacitadas físicas e psíquicas.
  • Animación de persoas maiores.
  • Especialista en atención domiciliaria infantil.

Tríptico informativo: consulte neste documento información sobre os cursos: entidades que o imparten, número de horas, etc.

Ademais, como apoio a todo o proceso, "IMOS traballar" conta con novos medios baseados nas novas tecnoloxías, como:

  • Aulas virtuais en PDA.
  • Portal web: achega servizos e centraliza a maior parte das actividades do proxecto.

Pode obter información máis precisa sobre as Accións formativas, o Pacto Local polo Emprego e outras cuestións de interese en devandito portal.

 

logos

Proxecto "IMOS traballar" Expediente nº 12 - "Proxecto cofinanciado polo FSE e o MAP"