Escudo Concello de Vigo

Cultura

Monumento a Méndez Núñez

Monumento dedicado ao almirante Méndez Núñez nacido en Vigo en 1824.

Está situado na praza de Compostela. O pedestal foi deseñado por Jenaro de la Fuente Domínguez e a escultura é de Agustín Querol. Nel represéntase o almirante con xesto airoso e de mando, cuns prismáticos e un sabre nunha man e coa outra man estendida. A súa famosa frase: "Más vale honra sin buques que buques sin honra" está escrita nun pergameo de bronce no pedestal. Foi inaugurada o 22 de agosto de 1892.