Escudo Concello de Vigo

Cultura

Monumento ao emigrante

Obra do escultor Camilo Nogueira, situada ao inicio da Avenida de Castelao. Foi inaugurada o 30 de xullo de 1971.

O monumento, en granito, está formado por un plinto no que se apoia un pedestal. Sobre este érguese un grupo composto por pai, nai e fillo que se dan unha aperta nunha emotiva escena de reencontro. Hai tamén dous laterais rectangulares de pedra con baixorrelevos que representan momentos de despedidas e regresos.

No pedestal pódese ler: "Amigo que por el mundo vas en busca de una lejana estrella, vuelve la vista, regresa a tu hogar donde el calor de los tuyos te espera. Hermandad Gallega de Venezuela".