Escudo Concello de Vigo

Cultura

Monumento a Curros Enríquez

Inaugurado en 1911 é obra do escultor Lorenzo Coullat Valera. Curros Enríquez foi un xornalista e escritor nado en Celanova (Ourense) en 1851 que, na súa prolífica obra escrita, dedicou un poema a Vigo publicado en 1877: "si mi desventura es tal, / de tu sol bajo el imperio, / ah! Vigo préstame leal / una choza en tu arenal / o un hoyo en tu cementerio".

Trátase dun busto do escritor sobre unha base trapezoidal historiada e situada, á súa vez, sobre un basamento graduado. No fronte pódese ver un baixorrelevo dunha musa galega da poesía.