Escudo Concello de Vigo

Cultura

Cristo da Victoria

Este Cristo é obra do escultor Sebastián Ucete. Situado na Concatedral de Santa María, atribúeselle popularmente a vitoria sobre as tropas napoleónicas que invadiron Vigo en 1809, mérito polo que foi nomeado benefactor da cidade.

A figura tamén recibe o nome de "Cristo do Sal", pois o sal era a mercadoría que transportaba o mercante que o rescatou do mar, preto das Illas Cíes, despois de que alguén o tirase ás augas para evitar que caese en mans dos piratas ingleses. O Cristo da Vitoria foi doado por Marcó del Pont, industrial catalán establecido en Vigo na segunda metade do século XVIII.