Escudo Concello de Vigo

Cultura

A Porta do Atlántico

Este monumento, realizado por Silverio Rivas, é unha homenaxe aos emigrantes galegos que saíron do noso porto cara a América. Está composto por tres elementos complementarios, xa que proceden os tres dun mesmo bloque granítico. O principal é un arco ou porta en medio dun estanque situado no centro da praza de América, o segundo está situado no inicio da avenida Gran Vía e o último, ao principio da avenida de Castelao.

As tres pezas foron deseñadas, cortadas e tratadas nunha canteira do Porriño. A porta, elemento principal, pesa 427 toneladas.