Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/dn_nautico.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Real Club Náutico de Vigo - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Deportes

Real Club Náutico de Vigo

O Real Club Náutico de Vigo fundouse en 1906 e naceu coa principal ilusión de aglutinar os deportes náuticos na cidade. Entre 1926 e 1929 a sede do Club era un gran barco de tres paus e 800 toneladas de rexistro, chamado Aklosofic, fondeado fronte ao porto actual. Os deportes de Remo, Vela e Natación foron os máis destacados historicamente.

O actual Edificio Social inaugurouse en 1945, situado a carón do mar na zona máis céntrica de Vigo, con amplos espazos abertos e axardinados, ideais para o paseo e a tertulia, con terrazas nas cafeterías do contorno. A partir de entón, a actividade social, deportiva e cultural tomou un relevo extraordinario: en 1967, abriu a súa Piscina Cuberta Climatizada, a primeira de Galicia, impulsando a práctica de deportes como a natación e o waterpolo no Club; en 1987, amplíanse máis as instalacións do Club, chegando a unha superficie total de 60.000m2.

Cada ano organiza competicións a todos os niveis, nacional e internacional, e os seus deportistas participan en Campeinatos do Mundo ou Regatas Internacionais de alto prestixio. A Xunta de Galicia premiou como Mellor Club de Galicia ao R.C.N. de Vigo en deportes como Vela e Natación, entre outros: moto náutica, remo, waterpolo, etc. Na actualidade, conta con 9.000 socios numerarios.

SERVIZOS E INSTALACIÓNS:

  • 436 amarres nun total de 12 pantaláns de amarre, con servizo de auga e electricidade.
  • Varadoiro: cunha capacidade para 30 embarcacións. Como medios mecánicos existen un Travel Lift de 32 toneladas e un guindastre de 3 toneladas.
  • Estación de servizo
  • Seguridade (7 cámaras de vixilancia)
  • 8 duchas e 3 aseos nos vestiarios
  • Piscina cuberta climatizada
  • Edificio deportivo con dúas terrazas en cada planta, taller de reparacións e gardería.
  • Edificio social con amplas terrazas, cafeterías, sauna, ximnasio, grandes salóns, sala de exposicións e o salón rexio central.
FICHA TÉCNICA: PORTO DEPORTIVO DO REAL CLUB NÁUTICO DE VIGO
  • ENDEREZO: As Avenidas, s/n 36201 VIGO (Pontevedra)
  • TELÉFONO: 986 449 694
  • FAX: 986 449 695
  • HORARIO OFICINA: Laborables: de 9:00 a 15:00 e de 16:00 a 19:00. Sábados: de 10:00 a 14:00
  • E-MAIL: puertodeportivo@rcnauticovigo.com
  • LATITUDE: 42º 15´ N
  • LONXITUDE: 8º 42´ W
REAL CLUB NÁUTICO DE VIGO
Real Club Náutico de Vigo

Últimas noticias municipais