Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/dn_liceo.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Liceo Marítimo de Bouzas - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Deportes

Liceo Marítimo de Bouzas

O Liceo Marítimo de Bouzas atópase na costa sur da ría de Vigo, ao fondo da dársena de Bouzas do porto de Vigo. Conta cun servizo de mariñeiría para embarcacións as 24 horas do día e tamén con servizos en terra para os visitantes en tránsito. Ao longo do año, a vida social do Club Liceo Marítimo de Bouzas mantense como centro de actividades lúdicas, culturais e deportivas.

O Liceo conta con 168 prazas de amarre en pantaláns e 95 nas súas cadeas de fondeo. Para atender estes servizos hai un servizo de mariñeiría as 24 horas do día, que inclúe o traslado gratuíto dende o fondeadoiro ás instalacións de terra. Os puntos de amarre en pantaláns contan con agua e enerxía eléctrica (220 v.)

Para varadas está dispoñible unha rampla, con berces tanto para barcos de vela como de motor, e dous guindastres cunha capacidade de carga de 5 toneladas. Sen pertencer ao Club, dentro da mesma dársena de Bouzas, existe gasolineira de mar con servizo de gasolina e gasoil.

En terra, tamén se ofrecen servizos para cubrir as necesidades primarias de calquera mariño en tránsito, conta con vestiarios e cafetería/restaurante; varias tendas de efectos navais, e varias empresas dedicadas á reparación de embarcacións, de motores e velerías. A 300 metros atópase o mercado de Bouzas, e nas proximidades existen tendas de ultramarinos, ferraxerías, estancos e outros servizos.

SERVIZOS:

- Nas instalacións:

  • Auga en amarre
  • Luz en amarre
  • Bar-Restaurante
  • Duchas e WC
  • Vixilancia
  • Iluminación nocturna
  • Teléfono Público
  • Radio (VHF 9)
  • Club de Mergullo
  • Club de Vela
  • Aparcadoiro
  • Servizo Marpol
  • Recollida de Lixo
  • Información meteorolóxica
  • Taxi
  • Varadoiro para embarcacións
  • Rampla de varado
- Para o visitante:
  • Banco
  • Supermercado
  • Bar-Restaurante
  • Lavandería
  • Oficina de Correos
  • Información Turística
  • Aloxamento
  • Farmacia
  • Taxi
  • Autobuses
  • Alugueiro de vehículos

 

CONTACTAR EN: Liceo Marítimo de Bouzas
  • ENDEREZO: Av. Eduardo Cabello, 8 36208 Vigo (Pontevedra)
  • TLF: 986 232 442
  • FAX: 986 239 955
  • WEB: www.liceobouzas.com
  • E-MAIL: info@liceobouzas.com
  • HORARIO: de 9:00 a 13:00 e de 16:00 a 20:00 (horario oficina)
  • LATITUDE: 42º 14´ N
  • LONXITUDE: 8º 46´ W
Liceo Marítimo de Bouzas

Últimas noticias municipais