Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

Centro de Asesoramento e Información sobre accesibilidade

O Centro de Asesoramento e Información (CAI) orienta os cidadáns sobre axudas técnicas, accesibilidade integral, desenvolvemento tecnolóxico ou inserción laboral dos diminuídos físicos e psíquicos. Depende do CEAPAT, o centro tecnolóxico nacional destinado a potenciar a accesibilidade integral en todos os eidos, así como impulsar a utilización dos recursos técnicos para a mellora da calidade de vida de todas as persoas, en especial das persoas con discapacidade.

O traballo do CAI diríxese a persoas con discapacidades, pero tamén a profesionais, empresarios, deseñadores, técnicos en urbanismo, en transportes ou en comunicación. O Centro ofrece un seguimento directo do caso de cada un dos seus usuarios, poñendo á súa disposición toda a axuda técnica e documental desenvolvida polo CEAPAT.

O labor do CAI céntrase nas cuestións técnicas que afectan á necesidade das persoas en distintos aspectos como accesibilidade integral, arquitectura, transporte, comunicación, deseño para todos, axudas técnicas e tecnoloxía de apoio, adaptación, novas tecnoloxías, formación de profesionais e usuarios, xestión técnica de proxectos, documentación e publicacións…