Escudo Concello de Vigo

Deportes

Servizo Municipal dos Deportes

O Servizo Municipal dos Deportes ten como finalidade dotar de maior axilidade á xestión e administración das instalacións deportivas municipais.

Os seus obxectivos básicos se fundamentan tanto na xestión, administración e mantemento das instalacións deportivas públicas da cidade, como na promoción e desenvolvemento da actividade físico-deportiva na cidade.

Desta forma, o Servizo Municipal dos Deportes, compatibiliza a súa función de xestor das instalacións deportivas municipais coa dinamización e coordinación das diferentes liñas de actividade orientadas a cubrir as distintas necesidades da poboación viguesa, como o programa Municipal de Escolas Deportivas, os programas de natación escolar, para bebés, para adultos e os destinados á poboación con necesidades especiais, o programa de ximnasia de mantemento e o de aeróbic ou a colaboración co tecido asociativo no desenvolvemento de programas destinados a persoas discapacitadas ou con necesidades moi especiais, no desenvolvemento de programas de tecnificación das federacións deportivas da comunidade, ou asinando convenios de colaboración que permite a celebración de competicións deportivas de alto nivel na cidade.

Banner Vigo Terreo de Xogo
 
 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100