Escudo Concello de Vigo

Deportes

Eventos deportivos

A cidade de Vigo é históricamente unha cidade para o deporte. Proba de elo son os máis de 300 eventos deportivos de todos os niveis e modalidades que se celebran anualmente na cidade, e que a converten nun gran terreo de xogo e punto de referencia para a maioria dos calendarios deportivos de competición.

Eventos deportivos:

A cidade de Vigo é históricamente unha cidade para o deporte. Proba de elo son os máis de 300 eventos deportivos de todos os niveis e modalidades que se celebran anualmente na cidade, e que a converten nun gran terreo de xogo e punto de referencia para a maioria dos calendarios deportivos de competición.

Eventos deportivos:

03/12/2017: Primeira xornada da Liga de Natación Concello de Vigo para escolares

A piscina do Carme retoma o frenesí este domingo 3 de decembro (9:30 horas) coa disputa da primeira das catro xornadas da Liga Escolar de Natación Concello de Vigo.

Os máis novos deportistas dos colexios da cidade competirán durante toda a mañá nas categorías promesa (nacidos de 2010 a 2012) e benxamín (de 2006 a 2009), tendo que nadar en dúas probas: 25 metros libres e 25 metros costas.

Esta competición está organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Vigo, coa dirección técnico-deportiva do Club Natación Vigo Rías Baixas, coa colaboración da Fundación VIDE.

(Ver información)

12/11/2017: Carreira Solidaria Érguete e Corre

O domingo 12 ás 10:00 horas dispútase a Carreira Solidaria Asociación Érguete.

Dende o Paseo de Alfonso, saída e meta, haberá dous percorridos, un de 5 quilómetros e outro de 10. Unha primeira saída terá lugar ás 10:00 horas coa partida da pedalada de 5 quilómetros e unha carreira non competitiva para nenos de 3 a 9 anos, e unha segunda (11:00 horas) co comezo ao tempo dos participantes no 10.000 cronometrado e competitivo e dun 5K que se pode facer andando ou correndo e que non dá gañadores. A proba para nenos é a novidade este ano.

O percorrido é: Pi y Margall, Tomás Alonso, Paz, Jacinto Benavente, Beiramar, Berbés, Cánovas del Castillo, García Olloqui, Plaza de Compostela, Areal, Inés Pérez de Ceta, Rosalía de Castro, Colón, Policarpo Sanz e Elduayen.

(Ver información)

29/10/2017: V Carreira solidaria pola Esclerose Múltiple

As carreiras populares son un excelente reclamo para causas que necesitan da concienciación cidadá e o Concello apoia as mesmas con loxística.

A quinta edición da Carreira Solidaria pola Esclerose Múltiple dispútase o domingo 29 de outubro (11:00 horas) nun circuíto urbano de 5,4 quilómetros ao que se poderán dar unha (5K) ou dúas voltas (10K). Haberá tamén unha andaina.

Con saída e meta na Alameda de Suárez Llanos (Bouzas), o percorrido previsto é o seguinte: Alameda Suárez Llanos, praza M. Diego Santos, Pazo, praza da Vila de Bouzas, Santo Cristo, Eduardo Cabello, avenida Beiramar, Coruña, Tomás Alonso, Camilo Veiga, Tomás Paredes, avenida Castelao, Pardaíña, Camiño Caringosta, avenida Atlántida, Ferreiros, praza M. Diego Santos e Alameda Suárez Llanos.

(Ver información)

22/10/2017: V Carreira Vigo contra o cancro

Regresa o domingo 22 de outubro (10:00 horas) esta proba solidaria que recauda fondos para patrocinar cos ingresos un proxecto de investigación contra o cancro, nesta oportunidade unha acción das universidades de Santiago e Burgos.

Como cada año, os fondos van a un proxecto de investigación contra o cancro, a excepción dunha pequena parte para actividades cos nenos de oncoloxía do hospital Álvaro Cunqueiro. Este ano a colaboración é con Requite.

É un proxecto europeo, co que traballan varios grupos, un deles de Santiago. O seu obxectivo é predecir que pacientes son máis propensos a sufrir efectos secundarios despois da radioterapia.

O percorrido deste evento, que patrocina o Concello de Vigo, é o seguinte: avenida Castelao, rúa Porriño, avenida Florida, Praza de América e avenida Castelao.

Haberá dúas probas ao tempo, unha non competitiva de 5.000 metros e outra de 10.000 (dúas voltas ao circuíto) xa competitiva.

A saída e meta estará emplazada nos volcáns de Castelao. A primeira saída será ás 10:00 horas (a de 5.000 non competitiva). Ás 10:45, a competitiva de 10.000, proba incluída no circuíto de carreiras populares Run Run Vigo.

(Ver información)

26/08/2017: 24 Horas de Vigo

Foto noticia

Ás 12:00 horas do sábado 26 dispútanse por cuarto ano consecutivo as 24 Horas de Vigo, con 725 participantes para as categorías individual, equipos masculina, equipos feminina e equipos mixta.

O Concello de Vigo apoia esta proba, na que Castrelos estará durante un día completo, tomado polos atletas.

(Ver información)

26/08/2017: VIII Travesía a Nado Desafío Islas Cíes

O sábado 26 de agosto terá lugar a Travesía a Nado dende as Cíes (praia de Rodas) á praia do Vao,

Os participantes sairán en catro grupos dende Rodas ás 10:00, 10:20, 10:40 e 11:00 horas, para chegar á praia do Vao entre as 13.30 e as 14.30 horas.

(Ver información)

30/07/2017: XXXIX Travesía a Nado da Ría - Trofeo El Corte Inglés

O domingo 30 de xullo levarase a cabo na praia do Vao a XXXIX Travesía a nado El Corte Inglés - IV Trofeo de Augas Abertas, cunha proba popular ás 11:00 horas (unha milla náutica) e, ao tempo, outra de 2.500 metros para federados.

O evento, que comezou entre A Guía e a dársena do porto deportivo do Real Club Náutico nos anos 80, trasladouse hai anos ao Vao con espectacular saída á carreira dende a praia.

(Ver información)

09/07/2017: Xornada final da Vigo Cup 2017

A segunda e última xornada da Vigo Cup 2017 repite escenario do mesmo xeito que o pasado ano. Así, no Vao xogaranse o domingo 8 de xullo ata catro finais.

As de consolación sub 7 e sub 8 comezarán ás 10:00 horas, mentres que as finais desas categorías serán ás 10.45 horas.

Despois, as finais do Torneo New Balance de Penaltis (11.30) e a entrega de trofeos e medallas (12.15) coa que se porá punto final á decimosétima edición do torneo internacional.

(Ver información)

08/07/2017: Primeira xornada das finais da XVII Vigo Cup

A decimosétima edición da Vigo Cup disputa a primeira das dúas xornadas de finais. No complexo deportivo municipal de Samil xóganse o sábado 8 de xullo ata cinco finais.

Ás 16.30 horas xogarase a categoría sub 14 (fútbol 11), a continuación a sub 16 (17:30). Tralos encontros que definirán os campións de fútbol, o Armando Cajaraville recibirá tres finais da modalidade de fútbol 7.

A final feminina, ás 18:30 horas. E a sub 10 e a sub 12 xogaranse ao tempo ás 19:30 horas.

A entrega de trofeos deste torneo internacional de fútbol de base está prevista para as 20:30 horas.

(Ver información)

08/07/2017: II Campionato Nacional de roller derby

Foto noticia

O pavillón Central das Travesas recibe a fin de semana do 8 e 9 de xullo a segunda edición do Campionato de España de roller derby, unha nova modalidade de orixe estadounidense adscrita á Federación Española de Patinaje.

O sábado ás 16:30 e 19:00 horas dispútanse dous encontros, mentres que para o domingo están fixados outros dous (10:00 e 12:30).

O Concello patrocina este novidoso evento e o Roller Derby Vigo será o anfitrión.

(Ver información)

24/06/2017: I Travesía a nado Nocturna Ardora

Foto noticia

Ás 22:00 horas do sábado 24 de xuño celébrase a novedosa Travesía a nado Nocturna Ardora, na praia da ETEA.

Con 120 participantes, o número máximo marcado pola organización por motivos de seguridade (Club Natación Vigo Rías Baixas), a travesía moverá participantes de toda Galicia, En ríaa nunca se deu un evento deste tipo.

(Ver información)

23/06/2017: XXXIV Nocturna de San Xoán

Foto noticia

O venres 23 dispútase a 34 edición da Carreira Nocturna de San Xoán, unha proba nada no século pasado pola Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA).

Trátase dunha carreira de 7,7 quilómetros, con saída no Concello de Vigo e chegada diante dos peiraos do Berbés.

A carreira está dentro do circuíto Run Run Vigo, que patrocina o Concello de Vigo a través da Concellería de Deportes, e conta co apoio de Cruz Vermella, Autoescuelas Faro-Paso-Salaberri, Zunfer, Coca-Cola, Alcampo, Frutas Sol, Porto de Vigo, Balneario de Mondariz, Asociación Veciñal do Casco Vello, Fundación VIDE e a Confraria de Pescadores San Francisco.

Todos os corredores participarán no sorteo de diferentes sorpresas. Haberá avituallamiento para os participantes ao finalizar a carreira asi como unha sardiñada para os corredores.

A inscrición realízase a través de Championchipnorte.com ata o 21 de xuño, e terá un custe de 8€.

A entrega de dorsais efectuarase o día 23, de 19:00 a 20:15 na lonxa do Concello.

A organización entregará un xamón ó primeiro e á primeira da clasificación xeral, e unha paletilla ós/ás primeiras/os de cada categoría. Haberá un sorteo de agasallos entre as/os participantes, recibindo estos/as un tícket numerado á entrada en meta para dito sorteo.

Tamén haberá sardiñas asadas para as/os participantes ó remate da carreira.

(Ver información)

18/06/2017: XXV Bandeira Concello de Vigo

Foto noticia

A XXV Bandeira Concello de Vigo de traiñeiras dispútase o domingo 18 no campo de regatas situado á altura da ponte de Toralla a partires do mediodía (12:00).

Serán tres quendas e a proba corresponde á primeira xornada da Liga Galega A, nas que participarán a anfitriona e organizadora, C.R. Coruxo, xunto con Castropol, Samertolameu, Amegrove, Bueu, Vilaxoán, A Pobra, Rianxo, Chapela, Mecos e Salgado Perillo.

A competición pon en xogo 9.000 euros en premios e a bandeira á tripulación vencedora.

O Concello patrocina o evento como é tradicional. É unha das regatas históricas do calendario galego.

(Ver información)

10/06/2017: V Nocturna Correndo por Vigo

Foto noticia

Deportes Carlos Miguel.com organiza a quinta edición da Nocturna Correndo por Vigo o sábado 10 ás 22:00 horas. É a primeira vez que a carreira entra no circuíto Run Run Vigo de probas populares.

O barrio das Travesas, con saída dende A Florida, á altura do mercado, e Coia conforman o epicentro da proba, cun circuíto de 5 quilómetros e dúas carreiras nunha: de 5.000 e 10.000 metros.

O Concello de Vigo patrocina a proba, que toca un triángulo formado polas avenidas de Castelao e Florida coa rúa Porriño.

Ás 21:00 horas haberá carreiras para nenos e nenas con medlla para todos os participantes e senclasificacións.

(Ver información)

03/06/2017: X Día do Balonmán na rúa

Foto noticia

Os nenos e nenas de 8 a 14 anos tomarán o sábado 3 de xuño (evento aprazado do Día das Letras Galegas) a rúa Areal, o segmento entre a rúa Oporto e Serafín Avendaño, para disputar o programa "Balonmán na rúa", co que a federación autonómica deste deporte promociona a modalidade e pecha o curso de escolas da Deputación de Pontevedra que achéganse a 31 concellos.

Nesta oportunidade e por segundo ano consecutivo o Concello de Vigo patrocina o evento, que atraerá á cidade a 1.900 participantes entre deportistas (1.600), adestradores, árbitros e membros da organización.

Ata catorce campos de balonmán converterán Areal nunha festa do balonmán de base. Haberá uns 300 partidos e máis de 140 equipos das categorías prebenxamín, benxamín, alevín mixto e infantil masculino e feminino.

Ao rematar a competición (18:00 horas, aproximadamente) procederase á entrega dunha medalla conmemorativa a todas e todos os xogadores participantes.

(Ver información)

28/05/2017: XX Día da Ximnasia Rítmica

Foto noticia

Un milleiro de deportistas do programa municipal das escolas deportivas exhibirá as súas habilidades o domingo 28 a partires das 9:00 horas no pavillón central das Travesas.

Durante seis horas, a ximnasia rítmica copará o parquet do Central cos seus mellores números e coreografías.

O Día da Rítmica é o segundo evento en orde de participación e importancia dos actos de clausura das escolas deportivas da cidade.

(Ver información)

21/05/2017: 10K Praia de Samil

A avenida de Samil recibe o domingo 21 (10:30 horas) aos atletas dispostos a correr un circuíto homologado de 10.000 metros, baixo a organización da A.D. Media Maratón de Vigo.

A proba, sexta edición da carreira, conta co apoio do Concello de Vigo.

(Ver información)

20/05/2017: Clausura do programa municipal de escolas deportivas de xadrez

O programa municipal de escolas deportivas do Concello de Vigo pecha o seu curso de xadrez en plena rúa do Princípe, diante do Marco, este sábado 20.

Os alumnos, dirixidos pola Escola Provincial de xadrez, levarán este deporte á rúa nunha xornada fantástica que será clausurada polo alcalde, Abel Caballero, e polo concelleiro de Deportes, Manel Fernández.

(Ver información)

17/05/2017: XX Día do Patín

Foto noticia

A vixésima edición do Día do Patín, exhibición de clubs e centros escolares de Vigo, pero tamén da súa área de influencia, clausura o programa municipal de escolas deportivas.

O evento levará ao Central das Travesas a 2.200 patinadores e patinadoras durante toda a xornada do Día das Letras Galegas (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:30).

A meirande festa de cantas escolas coordina a Concellería de Deportes encherá o principal polideportivo da cidade, poñendo punto final á tempada escolar de patinaxe artística.

(Ver información)

14/05/2017: II Circuíto Concello de Vigo de pista - quinta xornada

Foto noticia

O Circuíto Concello de Vigo de atletismo en pista disputa a súa quinta xornada no estadio atlético de Balaídos o domingo 14 dende as 16:30 horas.

Co patrocinio da Concellería de Deportes e o apoio técnico da Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA), os clubs galegos pasaron xa o ecuador de probas.

(Ver información)

14/05/2017: Holi Run 2017

Foto noticia

A Holi Run volve por cuarto ano consecutivo o domingo 11 de maio ás 11:00 horas na contorna da praia de Samil.

A proba, que se pode facer correndo ou andando, ten o único obstáculo de que os seus participantes rematan os 5.000 metros do circuíto pintados de mil cores, pois ao longo do percorrido espéranlles 8.000 quilos de po de cores.

A Concellería de Deportes apoia este evento e o Concello facilita a loxística para o seu perfecto desenvolvemento.

(Ver información)

28/04/2017: Challenge Cup 2017

A novena edición da Challenge Cup, cuarta competición europea que organiza a IWBF, a Federación Internacional de Baloncesto en Cadeira de Rodas, celébrase nos polideportivos de Navia e Bouzas (Pablo Beiro) do 28 ao 30 de abril.

(Ver información)

22/01/2017: II Circuíto Concello de Vigo de pista - segunda xornada das Series Municipais

O Circuíto Concello de Vigo de atletismo en pista disputa a súa segunda xornada no estadio atlético de Balaídos o domingo 22 dende as 11:00 horas.

Co patrocinio da Concellería de Deportes e o apoio técnico da Agrupación Viguesa de Atletismo (AVA), os clubs galegos achéganse ao remate do programa invernal.

(Ver información)