Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/d_tnautico.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Turismo náutico - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Deportes

Turismo náutico

Vigo conta con 23 quilómetros de franxa costeira; deles, máis de 7 km corresponden ás praias e o resto é unha zona onde se mestura a actividade de estaleiros, lonxas, grandes buques, etc., coa actividade do porto deportivo e por suposto do porto de trasatlánticos.

O Porto de Vigo é un dos portos pesqueiros máis importantes de Europa e do mundo -tanto en pesca fresca como conxelada- xa que recibe a diario gran cantidade de barcos, de baixura e de altura, que descargan as súas mercadorías na lonxa para logo distribuílas a outras cidades de Galicia, de España e do resto de Europa (incluso do mundo).

Así mesmo, captou un considerable tráfico de cruceiros turísticos. A cidade recibe milleiros de cruceiristas que chegan nos trasatlánticos máis importantes do mundo como o Queen Mary II, o Queen Elisabeth, o Oriana, etc.

Destaca ademais a grande oferta deportiva e de lecer que ofrecen os diferentes portos deportivos xunto coa base náutica do Vao.

Turismo náutico

Últimas noticias municipais