Escudo Concello de Vigo

Deportes

Noticias de Deportes

Lista de noticias

Noticias

12/09/2019. Caballero afirma que os participantes na Boot Camp Race "fan o imposible" en 7 quilómetros en Samil

Foto noticia
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou a quinta edición do Desafío Boot Camp Race, a celebrarse en Samil o domingo 6 de outubro (10:15 horas). A organización espera uns dous mil participantes. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

11/09/2019. Vigo manda na nova disciplina de remo de mar co Trofeo Illas Cíes, este sábado en Bouzas

Foto noticia
O remo de mar regresa a Bouzas por segundo verán consecutivo para disputar o Trofeo Illas Cíes de remo de mar, que ademais será Campionato de Galicia da modalidade para skiff e dobre scull. A praia do Adro será o punto de chegada, mentres que as regatas disputaranse ante o espigón, podendo seguirse dende o paseo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

06/09/2019. Concello e Máis que Auga ofrecen 500 prazas de iniciación ao pádel, de balde, en Navia e Barreiro durante dúas semanas

Foto noticia
O concelleiro de Deportes e o director de Operacións de Máis que Auga, Fran Cortegoso, presentaron hoxe a iniciativa "Descobre o pádel co Concello de Vigo", un novo programa do 9 ao 22 de setembro nas instalacións municipais de Máis que Auga en Navia e Barreiro para a promoción da modalidade. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

03/09/2019. O alcalde augura o éxito da Semana Abanca en Vigo

Foto noticia
Durante a presentación das actividades desta edición 2019 da Semana Abanca na cidade, Abel Caballero felicitou á organización e aos clubs participantes por conseguir levar adiante un evento destas características. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

03/09/2019. Caballero anima á cidadanía a seguir este domingo en Navia a I Carreira do Corazón

Foto noticia
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, presentou hoxe a primeira edición da Carreira do Corazón Cidade de Vigo, que este domingo (10:00 horas) vaise celebrar en Navia, diante do complexo deportivo municipal (rúa Lamelas). (Ver noticia en xornal.vigo.org)

03/09/2019. O Concello apoia o evento solidario Fútbol por NUPA que se celebrará este sábado no Vao

Foto noticia
Este sábado (20:00 horas, O Vao) vai xogarse un partido amistoso entre actores, xornalistas e futbolistas veteranos baixo o nome de Fútbol por NUPA, que pretende obter fondos para unha organización sen ánimo de lucro nacida en 2006 que dá asistencia integral ás familias de nenos con transplante multivisceral, fallo intestinal e/ou nutrición parenteral, pero tamén a adultos que se atopan na mesma situación. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

30/08/2019. O Concello inaugurará o domingo a reforma do campo de fútbol Baltasar Pujales de Bouzas

O alcalde de Vigo informou de que xa finalizaron as obras do campo de fútbol Baltasar Pujales e que o Rápido de Bouzas inaugurará as novas instalacións o domingo no partido de competición oficial ante o Choco. Ademais, explicou que esta semana licitáronse as reformas nos campos do Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

28/08/2019. O programa de Escolas Deportivas Municipais de Vigo incorpora a seis novos clubs da cidade

Abel Caballero informou este mércores de que o programa de Escolas Deportivas Municipais incorpora a seis novos clubs da cidade e inclúe os dous novos pavillóns de Quirós e Romil. O concello adica case 400.000 euros ás dos vindeiras edicións da iniciativa. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

26/08/2019. O goberno local adxudica a reforma dos campos do Monte da Mina, San Andrés e As Relfas

Abel Caballero deu conta este luns da adxudicación das obras dos campos de fútbol do Monte da Mina, San Andrés de Comesaña e As Relfas-Sárdoma por un importe total de máis de 700.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

26/08/2019. Caballero recibiu á representación do Trofeo Concello de Vigo de vela e piragüismo, cinco eventos previstos para setembro

Foto noticia
(Ver noticia en xornal.vigo.org)
 
 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono Concello de Vigo: 010 - 986810100