Deportes: Noticias de Deportes
Lista de noticias
Noticias
-
30/08/2010. Xabier Alonso anima a presenciar o mércores o Cidade de Vigo de fútbol sala entre Coruxo e Lobelle
-
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixo este luns un chamamento a presenciar o Trofeo Cidade de Vigo de Fútbol Sala, que se celebrará este mércores ás 21 horas entre F.C. Coruxo e o Lobelle Santiago na pista central do polideportivo de As Travesas. Avanzou que ás 18 horas, na coñecida como "pista vermella" deste polideportivo, terá lugar un campus de fútbol sala gratuito, destinado a fomentar a práctica deste deporte entre os rapaces. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
20/08/2010. Xabier Alonso di que o Celta "é o equipo representativo de moitos galegos e galegas" na presentación do Trofeo Cidade de Vigo
-
O Real Club Celta medirase ao Real Zaragoza nun choque cualificado polo concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, como "de Primeira División", este sábado no XL Trofeo Cidade de Vigo de fútbol. Será unha nova edición a partido único, como sucede dende 1997, e que se xogará ás 22 horas no estadio municipal de Balaídos (TVG). A presentación do evento tivo lugar no Concello coa presencia da tradicional "uve" para o gañador e os demais trofeos en xogo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
18/08/2010. As escolas deportivas municipais ofertan máis de 5.000 prazas para o curso 2010/2011, que inclúen o campo de Navia
-
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, anunciou este mércores que as escolas deportivas municipais ten programado o ensino de 28 modalidades deportivas, ofertando máis de 5.000 prazas para nenos e nenas empadroados en Vigo e nacidos entre 1994 e 2004, así como tres programas para adultos maiores de 18 anos (defensa persoal, tenis de mesa e tiro con arco) e baloncesto e natación para persoas con discapacidade física e psíquica. O novo curso comezará o 1 de outubro e prolongaranse durante oito meses ata o 28 de maio do 2011. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
18/08/2010. Xabier Alonso celebra o éxito e a continuidade da Travesía a Nado da Ría, este ano Gran Premio Concellería de Deportes
-
A praia do Con, en Moaña, e a dársena interior do Real Club Náutico de Vigo serán punto de partida e chegada, respectivamente, este domingo 22 de agosto (11:30 horas) da XI Travesía a nado da Ría de Vigo. Trátase dunha proba iniciada en 1945, desaparecida nos anos 70 e que o Náutico recuperou en 2006. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
17/08/2010. O concelleiro de Deportes di que o Cidade de Vigo de balonmán, entre Pilotes e Barça, será un gran espectáculo
-
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, destacou a calidade do Trofeo Cidade de Vigo de Balonmán, que enfrontará este venres (20:15 horas, en As Travesas) ao Pilotes Posada vigués co FC Barcelona, actual campión da Copa do Rei e da Copa Asobal. A décimo oitava edición do torneo internacional de verán, que conta co apoio da Concellería de Deportes, suporá a presenza do considerado mellor equipo do mundo, por historia, que este ano se reforzou para gañalo todo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
17/08/2010. Xabier Alonso anima a disfrutar coa vistosidade do Díptico Ciclista que se celebra o vindeiro fin de semana
-
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este martes unha nova edición do Díptico Ciclista, integrado polo VII Gran Premio Vilas de Pontevedra, que se celebrará o sábado, e o XXXVII Gran Premio Cidade de Vigo, que se disputará o domingo. Na súa intervención, o edil nacionalista animou aos afeccionados e afeccionadas a disfrutar coa vistosidade destas probas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
23/07/2010. A Concellería de Deportes apoia á selección de Vigo de fútbol sala, que xogará o 28 de xullo contra Qatar en Coia
-
Vigo recupera o fútbol sala internacional no verán. Tras vibrar a cidade coa Supercopa de España, en xaneiro, agora é a quenda do novo Trofeo Concellería de Deportes, que xogarán a partido único a selección de Vigo e a selección nacional de Qatar. O encontro, fixado para o mércores 28 deste mes, disputarase no pavillón de Coia con entrada gratuíta (21:00 horas).
(Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
22/07/2010. Xabier Alonso salienta a aposta polo deporte feminino do Cidade de Vigo de Tenis que reunirá a 96 tenistas
-
O torneo internacional de tenis feminino Cidade de Vigo, V Copa Caixanova, comeza este sábado coa fase previa no IMD de Samil e a fase final dende o vindeiro día 27, martes, á espera da final do domingo 1 de agosto. O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, explicou que o Concello como un dos patrocinadores principais do evento continúa así na súa aposta polo deporte feminino. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
16/07/2010. Xabier Alonso desexa sorte a Nerea Vila, primeira loitadora galega que vai participar nun campionato europeo cadete
-
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, recibiu hoxe á loitadora viguesa Nerea Vila que do 3 ao 8 de agosto competirá en Saraxevo no Campionato europeo cadete de loita grecorromana e libre. Nerea Vila conseguiu o pase ao que será o seu primeiro torneo internacional nunha fase previa que se disputou o mes pasado en Alemania, converténdose na primeira loitadora galega que vai participar nun europeo cadete. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
-
14/07/2010. Xabier Alonso anima a contemplar o espectáculo dos 52 equipos que participan no Rallye Rías Baixas de Clásicos
-
O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, fixo este mércores un chamamento aos vigueses e viguesas para presenciar o vindeiro 17 de xullo a saída do XII Rallye Rías Baixas de Clásicos, que terá lugar na Praza do Rei ás 10.30 horas. A proba, puntuable para a Clásica Galega 2010, conta xa con 52 equipos inscritos e o vehículo máis antigo é de 1953. (Ver noticia en xornal.vigo.org)