Servizos Sociais
Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020)
Total reformas importe das reformas: 41.024 euros
Total concedido 2018: 26.136 euros
Estratexia de Inclusión Social de Galicia (2014-2020)
1. Mantemento e reformas:
O Centro Integral de Inclusion e Emerxencia Social (en adiante CIIES) é un edificio moi antigo que precisa de reparacións e melloras para dar prestar os servizos aos que está adicado. Concretamente é preciso aumentar a capacidade da sala de caldeiras para produción de auga quente e calefacción, xa que logo en períodos de inverno resulta insuficiente .Asemade cómpre mellorar as condicións de ventilación dos espazos adicados ao almacenamento de roupa na lavandería, pequenas reparacións nas duchas da planta baixa e segunda, subsanar problemas de humidades e impermeabilización tanto na terraza do Piso de Acollida e Inclusión Social como noutras estancias. Tamén é necesario a mellorar a carpintería interior de madeira pois presentan deficiencias nos seus ferraxes, acabados e pechaduras de portas e ventas de madeira.
2. Reposición mobiliario:
No Centro Integral de Inclusion e Emerxencia Social se ofrecen diferentes servizos e programas para persoas en situación de exclusión social moderada e severa.
Un deses servizos e o comedor social, onde se ofrecen diariamente comida para 70 persoas os 365 dias do ano. O mobiliario e moi antigo, dos anos 70, e as mesas e cadeiras están moi deterioradas. Esto repercute na súa hixienización e limpeza así como no aspecto de deterioro que presenta. Se propon a reposición de mobiliario novo que se adecue ás novas necesidades existentes nun comedor colectivo destas características.
Asemade no patio do centro instalouse unha pérgola é necesita unha mesa grande con bancadas para utilizar este espazo para actividades ao aire libre cando o tempo o permite.
3. Adquisición e desenvolvemento de aplicación informatica:
No Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social do Concello de Vigo contase cunha aplicación informática que recolle toda a información da actividade que xera o centro coa súa actividade, tanto a nivel cuantitativo como cada Historia individual e as intervencións realizadas con cada persoa usuari@ neste servizo especifico.
A fin de que toda esta información sexa incorporada á Historia Social que cada persoa ten nos servizos sociais municipais, compre desenvolver un sistema automatizado que remita diariamente toda esta información á aplicación XIESS (Xestion Integral de Servizos Sociais do Concello de Vigo) para o seu posterior volcado no SIUSS.
Esto redundaría nunha atención mais áxil, eficiente e coordinada das persoas, entre os servizos sociais comunitarios básicos e o CIIES.
Importe total: 44.142,40 euros
Importe concedido: 35.313,92 euros
Concello de Vigo
Praza do Rei - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100