Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

XIESS: Xestión Integral de Expedientes Servizos Sociais

XIESS implementa o EXPEDIENTE SOCIAL ÚNICO e integra en torno a un troncal (Servizos sociais comunitarios básicos) unha serie de módulos para a xestión dos diferentes programas e/ou centros orientados a colectivos con problemáticas diferenciadas e singulares (Servizos sociais comunitarios específicos)

Entre os seus principais características:

  • Asegura a trazabilidade a nivel de expediente e de persoa.
  • Funciona en plataformas Linux ou Windows.
  • Aplicación Multiidioma.
  • Facilita o movemento de membros entre expedientes.
  • Dispón de funcións intelixentes de procura.
  • Permite achegar documentos a nivel de expediente, usuario ou intervención.
  • Xeración semi-automática de documentos / intervencións.
  • Interconexión con outros sistemas municipais (PMH, IBI...).
  • É posible a conectividade con AEAT, TGSS... (Rede SARA)
  • Integración con LDAP
  • Parametrización de perfís de usuarios/as e permisos.
  • Acceso desde calquera ubicación con conexión ao departamento de informática.

Os principais módulos que actualmente integran a aplicación:

  • Servizos comunitarios básicos (TRONCAL)
  • Cita previa / Axenda profesional
  • Programa de Infancia e Familia.
  • S.A.D.
  • Axudas Municipais de Urxencia Social
  • Migracións
  • Axudas Municipais Escolares.
  • Inclusión.
  • Actividades de Promoción e prevención

Financiamento do proxecto:

Logo MitycAvanza 2

FondoSocialEuropeo