Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

Albergues sociais

Albergue (temporal) Municipal

O albergue é un establecemento para aloxamento de carácter temporal para acoller persoas en situación de emerxencia social, persoas transeúntes e persoas que están sen fogar, proporcionándolles aloxamento e manutención por un período limitado de tempo.

O centro está situado na Rúa Marqués de Valterra, nº6, aínda que a entrada faise polo portalón pequeno do patio na R/ Jacinto Benavente (baixando as escaleiras que están entre o albergue e o IES EPA do Berbés). (Ver plano de ubicación)

Conta con dormitorios específicos para homes e para mulleres.

O horario de atención será de 20.30 a 09.30 todos os días.

Os principais servizos que facilita:

  • Aloxamento.
  • Servizo de información, valoración e orientación. Ten por obxecto facilitar información, orientación e asesoramento ás persoas sen fogar admitidas.
  • Servizo de hixiene persoal.
  • Servizo complementario de alimentación (bebida quente e galletas pola noite e no almorzo).
  • Servizo de consigna.
  • O dispositivo conta, entre o persoal, con traballadores/as sociais, auxiliares de servizos sociais e persoal específico para a limpeza e vixilancia do edificio.

Regulamento

Plano situación