Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

Persoas en desvantaxe social

Benestar Social de Vigo ten, entre as súas prioridades, a implicación do tecido social da cidade nun achegamento aos colectivos en situación de desvantaxe social.

Neste marco, promóvense proxectos de integración laboral, como actuacións cara á inserción social de persoas coas que se desenvolveron actuacións previas por parte do departamento.

PROGRAMA SEREOS

Descrición: Programa de cobertura básica de alimentación que cobre almorzos e merendas. Dispón dun local para esta actividade, na modalidade de calor-café, que funciona tamén como centro de redución do dano. Proporciónase servizo de atención e valoración da problemática social dos usuarios, derivación aos servizos sociais municipais e aos dispositivos asistenciais socio-sanitarios. Punto de intercambio de material preventivo (intercambio de xiringas, preservativos). Equipo de intervención no medio aberto.