Escudo Concello de Vigo

Servizos Sociais

Promoción da saúde

O Plan Local sobre Drogodependencias e Outras Adiccións (PLDA 2006-2008) do Concello de Vigo, desde a área de traballo de Prevención propón os seguintes obxectivos e liñas estratéxicas de cara á promoción da saúde:

  • Coordinar desde o PLDA as diferentes intervencións no ámbito preventivo a realizar na cidade, tanto por parte de institucións como de entidades.
  • Incrementar e potenciar intervencións preventivas na rúa e ligadas ó lecer xuvenil.
  • Devolver ás familias a súa responsabilidade como primeiros axentes preventivos e creadores de hábitos saudables.
  • Implicar a sectores sociais da comunidade, ademais do educativo e sanitario, como corresponsables da prevención.
  • Deseñar estratexias para achegar os recursos de orientación e asesoramento á propia comunidade, fomentando unha coordinación áxil entre institucións que permita a detección precoz de problemas e a intervención temperán na comunidade.