Warning: Cannot modify header information - headers already sent by (output started at /home/personales/vigo002/web02/movemonos/asociacions0.php:2) in /home/personales/vigo002/vieiros/smarty/templates_c/%%0A^0A6^0A6070C4%%vgo_cuerpo.tpl.php on line 3
Como inscribirse no rexistro de asociacións - Concello de Vigo
Escudo Concello de Vigo

Participación cidadá

Como inscribirse no rexistro de asociacións

O Rexistro Municipal de Asociacións recolle as asociacións e colectivos cidadáns que traballan na cidade de Vigo. A súa existencia non depende do rexistro xeral de asociacións, e permítelles aos colectivos que están inscritos nel gozar de determinados dereitos de participación e representación nas organizacións municipais.

Para inscribir a asociación da que vostede é membro debe presentar a seguinte documentación nas dependencias do Concello (Real decreto 2.568/86, Cap. 2º, Art. 236 e seguintes e Regulamento de Participación Cidadá).

  • Fotocopia compulsada dos Estatutos da Asociación.
  • Número de inscrición no Rexistro Xeral de Asociacións e noutros rexistros públicos (Xunta de Galicia).
  • Nome das persoas que ocupan cargos directivos, indicando polo menos tres números de teléfonos (entre eles o do presidente ou presidenta).
  • Enderezo social en Vigo e número de teléfono del.
  • Orzamento do ano en curso.
  • Programa das actividades do ano actual.
  • Certificación do número de socios.
  • Fotocopia compulsada do número de Cédula de Identificación Fiscal (CIF) da Asociación.
  • Características do domicilio social. (propio, alugado, cedido, MOPU, outros...)
  • Certificado do número de conta da entidade bancaria.

Este procedemento foi publicado no Boletín Oficial da Provincia número 12 correspondente ó 20 de xaneiro de 1992 para trámite de alegacións, e aprobouse definitivamente polo pleno con data de 26 de marzo de 1992.