Participación ciudadana

Noticias

Lista de noticias

Noticias

2023-12-20. O alcalde participa na entrega de alimentos da Federación de Peñas El Olivo

Foto noticia
Abel Caballero achegouse este mércores en Coia ás instalacións da Asociación de Veciños Cristo da Victoria, onde participou na entrega dos alimentos recollidos pola Federación de Peñas Recreativas El Olivo ao Banco de Alimentos. No acto estiveron presentes membros da Federación, encargada de recoller produtos de alimentación para as familias que o precisan, así como Iván Martínez, presidente do Banco de Alimentos de Vigo e a presidenta da Asociación Veciñal, Marisol Polo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2023-04-12. Comeza o prazo para solicitar as axudas de emprego para entidades sen ánimo de lucro

Foto noticia
Desde hoxe e durante dez días as entidades sen ánimo de lucro de Vigo poderán solicitar axudas para contratar persoal. O Concello dedica máis dun millón de euros a unha iniciativa de fomento do emprego que permitirá ofrecer traballo a unhas 200 persoas. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-11-10. O Concello amplía en 100 prazas o servizo de teleasistencia

Foto noticia
O alcalde pon en valor o labor que desenvolve o goberno municipal coas persoas que viven soas a través da teleasistencia domiciliaria, que é un servizo de balde, para o que non hai lista de espera. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-10-19. Caballero amosa a súa satisfacción coa creación da Asociación Cultural Casablanca

Foto noticia
A Asociación Cultural Casablanca proxecta un programa de actividades para os próximos meses que inclúe música, cine e teatro, entre outros, tal e como se avanzou esta mañá en rolda de prensa. O alcalde felicitou aos promotores dun colectivo que "xa é un activo na cidade". (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-09-29. A Rúa Príncipe renderá homenaxe aos folguistas do 1972

Foto noticia
O Concello inaugura esta tarde a exposición da Folga Xeral do 1972 que estará no centro da cidade "para amosar un acontecemento histórico en Vigo", manifestou o rexedor en rolda de prensa. Imaxes de recortes de prensa de Vigo e outros tantos lugares encherán os paneis da representación gráfica. Abel Caballero expuxo que o obxectivo e render homenaxe ás persoas que participaron na folga "porque foi una gran mobilización sindical, social e política contra a ditadura". O alcalde deu a coñecer que estivo presente nas folgas de Santiago, cando era estudante de 5 de carreira e delegado do curso, e lembrou que foi detido, xulgado por un tribunal político por actividade política e que estivo dous anos no exilio. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-09-21. Vigo gaña un novo festival de cultura urbana: nace o UnderCabral

Foto noticia
Abel Caballero e a organización presentaron o Festival UnderCabral que se celebra o sábado 24 de setembro na Asociación Vecinal, Cultural e Deportiva de Cabral con actividades para todos os públicos. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-08-25. O rexedor presenta o libro que recolle a apaixoante historia de Bouzas

Foto noticia
Esta mañá realizouse no Concello a presentación do libro "Bouzas Villa Marinera". Estiveron presentes ademais do alcalde Vigo, Abel Caballero; o autor, José Carlos Espinosa e o presidente da Asociación de Veciños de Bouzas, José Manuel Vidal Sangabriel. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-08-25. O goberno municipal dedica preto dun millón de euros ás entidades veciñais

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local aprobou este xoves unha nova convocatoria de axudas para o fomento da participación cidadá en actos sociais e encontros veciñais por un importe de 115.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-08-24. O Concello prevé iniciar a finais de ano a musealización da Fortaleza do Castro

Foto noticia
A Xunta de Goberno Local dará luz verde este xoves á licitación da obra de "Musealización das galerías e posta en valor da fortaleza do Castro" que ten un importe de 1.400.000 euros. (Ver noticia en xornal.vigo.org)

2022-06-10. O Concello adica case 340.000 euros anuais ao financiamento de comedores sociais

Foto noticia
A Xunta de Goberno local deu luz verde un convenio de colaboración con Vida Digna por valor de 180.000 euros para catro anos. O Concello adica anualmente case 340.000 euros a apoiar a labor dos comedores sociais de Vigo. (Ver noticia en xornal.vigo.org)
 

Ayuntamiento de Vigo

Plaza del Rey 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra) - Teléfono: 010 - 986810100