Atención cidadá

Sugerencias y Quejas
010
986 810 260
Suxestións e Queixas

O tempo en Vigo

Mañá
Tarde
Noite
--
Datos de MeteoGalicia

Suscríbete ás noticias do Xornal de Vigo: RSS

Foto noticia
O Concello investirá o curso que vén 2.125.000 euros en máis de 5.000 bolsas de ensino Escoitar
O alcalde de Vigo, Abel Cabellero, destacou hoxe luns o "relevante" esforzo que está a facer o Concello na política de bolsas de ensino. O curso que vén o Goberno municipal outorgará 5.281 bolsas por un valor de 2.125.000 euros.
Foto noticia
Caballero celebra que Vigo acolla o laboratorio europeo de referencia de biotoxinas mariñas Escoitar
O alcalde acudiu hoxe luns ao CITEXVI, o Parque Científico e Tecnolóxico da Universidade de Vigo, onde celebrouse o acto de inauguración das novas instalacións do laboratorio europeo de referencia de biotoxinas mariñas, un centro de "altísimo nivel" que marca desde Vigo os procedementos de detección das biotoxinas para Europa.
Foto noticia
Abel Caballero felicita ás ximnastas do Club Maniotas, que participarán no Campionato do Mundo Escoitar
O alcalde de Vigo mantivo este luns unha reunión coas responsables e as ximnastas deste club, condecorado o pasado ano como Vigués Distinguido, e que acudirá a Cartaxena onde celebrarase o Mundial de Ximnasia Estética, entre o 25 e o 27 de maio. A entidade ven participando nos campionatos mundiais da especialidade ininterrompidamente desde 2005.
Foto noticia
O Concello colaborará coa Comunidade Salesiana nos actos pola chegada da reliquia de Don Bosco Escoitar
O Director da Comunidade Salesiana de "María Auxiliadora", Aureliano Laguna, solicitou este luns do alcalde do Concello de Vigo a cooperación da administración local no acto de chegada a Vigo dunha reliquia de Don Bosco, o fundador da comunidade salesiana, no que participarán máis de mil persoas, entre actuais e antigos alumnos.
Foto noticia
Nova charla do ciclo "Historia das mulleres en Galicia" Escoitar
Ofelia Rey Castelao, catedrática na Universidade de Santiago de Compostela, será a relatora da charla sobre a Idade Moderna do ciclo "Historia das Mulleres en Galicia" que programa a concellería de Igualdade. A charla será o martes 22 de maio ás 19 horas no Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo.
Normalización Lingüística organiza actividades de dinamización para persoas adultas Escoitar
O servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo organiza para os próximos días actividades de dinamización para persoas adultas sobre comunicarse en público e un obradoiro de escrita creativa.
Bando sobre requisitos para a concesión de autorización para disparo o queima de material pirotécnico Escoitar
Por medio do presente Bando, ponse en coñecemento dos interesados en realizar disparos ou queimas de material pirotécnico en contía menor de 50 kg. no termo municipal de Vigo, en especial as comisións de festas e empresas pirotécnicas , os requisitos necesarios para obter a preceptiva autorización municipal.
Pechada ao tráfico a rúa Enrique Lorenzo Escoitar
Ponse en coñecemento do público en xeral que por mor das obras de canalización de saneamento, a realizar pola empresa AQUALIA, estará pechada ao tráfico (por treitos) a rúa Enrique Lorenzo, treito 1 (entre Santa Tegra e Purificación Saavedra), dende o xoves 24 de maio de 2012 ás 10:00 horas, con acceso exclusivo para garaxes, e por un período aproximado de tres meses.

e ademais

noticias Impresión e pagamento de recibos na web do Concello
A web municipal permítelles aos cidadáns pagar os recibos das taxas e impostos municipais mediante o uso do pagamento electrónico a través de Internet.
- Pagamento de recibos.
- Pago mediante a carpeta do cidadan.
- Imprimir directamente o recibo.
 
 
 

Concello de Vigo

Praza do Rei 1 - 36202 - Vigo (Pontevedra)

Teléfono: 010 - 986810100