vigohoxe  

Festas 2003














 



« Volver

Ragdog


Novo grupo de Baiona influenciado polo rock alternativo de comezos dos anos 90, con bandas como Nirvana, Silverchair ou Smaching Pumpkins como referencias. Ragdog xurdiu a finais do 2001 coa formación actual: Alex, voz e baixo; Alberto, guitarra; Serxio, guitarra; e Juanma, batería.

Malia a súa curta existencia, teñen tocado en numerosas salas da provincia. Contan con dúas maquetas. A primeira delas obtivo unha magnífica acollida no programa dos 40 principales "El Maketón Estrella Galicia", convertendo o seu tema "Wake up your mind", nun dos máis solicitados. En abril do 2003 gravaron a súa segunda maqueta, coa colaboración de Segundo Grandío, antigo membro de Siniestro Total, no seu estudio Casa de Tolos; difundíndose no programa "Todo Motor" da Televisión de Galicia.
 


© Concello de Vigo