FACENDO  HISTORIA
  A Escola Municipal de Danza do Concello de Vigo foi creada en 1979, polo que era entonces Alcalde, D Manuel Soto Ferreiro, e o concelleiro de cultura, D Francisco Santomé Otero. Sendo dirixida dende os seus comezos ata á actualidade por Wenceslao Cabezas del Toro, Polo.

  No primeiro ano da súa andaina, contaba con 150 alumnos, ascendendo a matrícula a 100pts anuais. En cursos seguintes, se chegou a ter matriculados 1.800 alumnos/as.

  No ano 1982, a petición do director Wenceslao Cabezas ó concelleiro de Cultura Sr. Santomé, se da comezo ó proceso de descentralización da Escola, estendendo a oferta formativa ata catro puntos do rural: Seis do Nadal en Coia, Carrasqueira en Coruxo, Doblada no Calvario e Santa Tecla en Teis.

  No curso 1995-1996 temos 14 puntos no rural. Aparte dos mencionados están Canido, Chans, nenos especiais no Seixo, Ceboleira, Pombal e Vicente Risco.

  No ano 1996, sae a concurso Público a dirección das ensinanzas da Escola Municipal de Danza, aprobándose o Proxecto Educativo presentado por Wenceslao Cabezas Del Toro, Polo. (1996-2000) e renovado no ano 2002 ata o 2005.