A Escola está integrada polo alumnado, e o
equipo técnico:
O EQUIPO TÉCNICO, está formado por:
Director: Wenceslao Cabezas del Toro,
Polo
Profesores e Pedagoga:
- Mª del Mar Cabezas Gómez
- Pablo I. González Alonso
- Clara Mª Cabezas Gómez
- Belén Cabezas Gómez
- Montserrat Cabezas Gómez
En canto Ó ALUMNADO, dicir
que a Escola Municipal de Danza conta con 480 alumnos de danza
entre 4 e 65 anos, 40 alumnos/as de percusión
entre os 16 e os 65 anos, 12 alumnas maiores de 65 anos
(nunha actividade levada a cabo durante as mañás,
tralo convenio firmado entre a Escola de Danza e o departamento
de Benestar Social do Concello)
Así mesmo, son tres os grupos
formados por alumnos da escola, os que representan ó Concello,
en numerosos festivais e actos socioculturais celebrados na propia
cidade ou nos puntos xeográficos nos que sexa requirida a
representación municipal. Estes grupos son:
- O Tarabelo: grupo principal, integrado
por dez parellas de bailaríns e bailarinas con idades comprendidas
entre os 18 e os 30 anos. Nas súas actuacións, acompañase
sempre do grupo tradicional “Airiños
do Parque de Castrelos”. Dirixido dende o
ano 1965, por Wenceslao Cabezas.
- As Soldadeiras: grupo formado por oito
parellas de bailarinas con idades comprendidas entre os 16 e os
25 anos.
- As Faragullas: grupo formado por sete
parellas de bailarinas con idades comprendidas entre os 16 e os
25 anos.
|